• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG expresa o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que manteñen o bloqueo en industrias lácteas e distribuidoras

Leche 16 Sep 2015 0

O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que están a manter o bloqueo ás industrias lácteas e centrais de distribución, moitos e moitas delas tras levar máis dunha semana cos tractores na rúa e facendo un enorme sacrificio persoal, familiar e económico, e mesmo a grandes distancias do seu fogar para reforzar concentracións en comarcas onde precisan apoio para manter as protestas. A este esforzo hai que engadir o drama de ter que derramar millóns de litros de leite porque non se puxeron aínda sobre a mesa solucións realistas e fiables para solucionar o problema.

E o problema é que a totalidade das 9.300 granxas de leite galegas están cobrando por baixo dos custes de produción, moitas a niveis ruinosos inferiores aos 20 céntimos, outras ao borde do desafiuzamento e do peche, e mesmo algunhas aturando impagos de varios meses, como as que fornecen Lácteos Pérez na comarca do Xallas.

A actitude cívica dos gandeiros e gandeiras que están a loitar polo seu posto de traballo e polo futuro dun sector económico esencial para Galiza e para o noso medio rural, contrasta coa falla de solucións urxentes que deberían pasar por:

Que na cadea de valor se garanta con leis e normativas unha marxe suficiente para que as granxas cubran os custes de produción e uns salarios dignos para quen traballe nelas.

Anulación dos contratos-lixo vixentes nos que se impuxesen prezos por baixo deses custes.

Distribuidoras como Vegalsa e Mercadona veñen de anunciar subas de 2 céntimos no litro de leite, incrementos que se comprometeron a repercutir industrias como Celega, Entrepinares, Central Lechera Asturiana ou Celta; ademais, estas dúas últimas empresas comprometéronse tamén a paralizar os contratos á baixa que estaban facendo. Para o Sindicato Labrego Galego, trátase de xestos positivos, pero non debemos esquecer que o horizonte cara ao que camiñan as mobilizacións actuais é o de acadar un prezo que cubra os custes de produción e unhas marxes de beneficio dignas nas granxas. Ademais, cómpre non esquecer que medidas urxentes polas que estamos a loitar como a mellora dos prezos para garantir a viabilidade das nosas explotacións, de nada servirán se non son apoiadas despois por leis e normativas que defendan as granxas da posición dominio e abuso a que son sometidas impunemente na cadea de valor.

Polo tanto, as mobilizacións continúan, e dende o Sindicato Labrego Galego seguiremos a pór a disposición dos gandeiros e gandeiras que as apoien tódolos nosos recursos materiais e humanos para manter vivas unha loita e unhas demandas que non só son de xustiza, senón que do seu cumprimento dependen o futuro de decenas de miles de familias e postos de traballo no medio rural do noso país.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar