• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Xóvenes Agricultores solicita a actuación dos órganos de Competencia galego e nacional para acabar cas practicas abusivas no sector lácteo

Leche 21 Feb 2013 0

As Autoridades Catalás da Competencia veñen de elaborar un informe, a instancias de ASAJA, sobre os prezos no sector lácteo e os riscos para a competencia.

Nas súas conclusións establecen entre outras cuestións:

• Os produtores de leite teñen unha clara posición de debilidade nas súas relacións comerciais coa industria transformadora.

• Pese ao inicio do uso de contratos tipo para eliminar a asimetría informativa respecto das condicións comerciais aplicadas, o desequilibrio entre as partes continúa a ser importante.

• Podería existir un reparto do mercado na compra de leite cru entre as empresas, dadas as dificultades dos gandeiros para cambiar de comprador.

• Poderían darse acordos de prezos de compra do leite entre as empresas transformadoras.

• A ameaza de non recollida e o uso da limitación por cota asignada condicionan a negociación das condicións de venta.

• A importación de cisternas de leite cru pode ser unha estratexia para establecer os prezos á baixa.

• A industria láctea atópase nunha situación desvantaxosa respecto das principais empresas de distribución. En concreto, soportan fortes presións sobre os prezos, largos períodos de cobro ou esixencias de descontos.

• A introdución das marcas de distribución serve de instrumento de presión dado o seu efecto reclamo para os consumidores.

• A importación de leite envasada, principalmente de Francia, pode ser usada como instrumento de presión pola distribución.

• A forza negociadora da gran distribución trasládase a través da cadea produtiva ata os gandeiros.

• A redución do prezo final do leite nas marcas de distribución pode comportar ventas a perda no mercado, e dado que estas perdas se repercuten en todas as fases da cadea produtiva, poden afectar tanto a industrias como a produtores, coa consecuente posibilidade de infrinxir a normativa.

• Estes desequilibrios poden levar á redución da cantidade, diversidade ou calidade da oferta e poñer en perigo a subsistencia do sector

Por outra banda, outro recente Informe do Comité Económico e Social Europeo sobre as relación comercias entre a gran distribución e os provedores de produtos alimentarios, denuncia a posición de oligopolio da distribución, constata a opacidade na formación dos prezos, e pídelle á Comisión europea que de instrucións claras ás autoridades nacionais de competencia para cambiar as regras actuais, abandonado a idea da autoregulación. Propón a introdución de textos xurídicos vinculantes para mellorar a situación da cadea agroalimentaria, estimulando unha competencia non falseada.

Namentres, as autoridades de Competencia de España están a cuestionar as proposta do Ministerio de Agricultura a través da Lei de medidas para o funcionamento de cadea agroalimentaria, así como calquera tipo de iniciativa do sector na procura da mellora da eficiencia na cadea, os gandeiros catalás percibiron de media 0,354€ por litro de leite no pasado mes de decembro, mentres que para os galegos o prezo foi de 0,313€, todos estes precios por dabaixo dos costes de producción estimados.

Dado que Galicia ten na actualidade uns 11.000 produtores de leite que producen mais de 2.300.000 toneladas anuais, por 800 produtores de Cataluña que venden unhas 550.000 toneladas de leite ao ano, dende Xóvenes Agricultores consideramos urxente un posicionamento ao respecto e as consecuentes actuacións das autoridades de Competencia de Galicia, así como a intervención dos órganos de competencia nacionais para adecuarse ás disposicións europeas e tratar acabar coas practicas abusivas as que estan sometidos os productores de leite.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar