O prezo que perciben os produtores lácteos galegos sigue a ser dos máis baixos do Estado segundo se revela dos datos publicados hoxe polo FEGA, (Fondo Español de Garantía Agraria), o que supón unha continúa perda de renda para as explotacións gandeiras de Galicia.
Así, segundo as estatísticas oficiais, a nosa Comunidade ocupa o terceiro posto pola cola e so está superada por abaixo por dúas rexións escasamente produtoras como son Baleares e Cantabria. Con respecto ao prezo medio nacional, Galicia está un 4,83% por debaixo o que resulta moi difícil de soster tendo en conta que a produción láctea galega supera o 40% da todo o Estado.
Os datos do FEGA veñen a confirmar a situación crítica que está a atravesar o sector lácteo galego tal como ven denunciando repetidas veces Unións Agrarias. Tal como se reflicten nas táboas oficiais as caídas de prezos para os meses de xaneiro e febreiro foron de 1,8% e 0,6% respectivamente. Baixas que se dan nas peores situacións que se recordan debido ao incremento dos custos de produción durante o 2011 onde os custos de explotación se viron fortemente incrementados pola suba dos insumos pois o penso para o vacún subiu un 21,54 por cento, os fertilizantes un 18,57 por cento e o gasóleo un 22 por cento.
O sindicato Unións Agrarias reclama da nova conselleira, Rosa Quintana, agora que se cumpren os 100 días da súa toma de posesión, que impulse de xeito inmediato accións para atallar unha situación explosiva que pode levarse por diante, esta vez si, ao sector lácteo galego. Medidas eficaces que deberían partir dunha convocatoria da Mesa do Leite, tanta veces reclamada, aínda sen éxito, pola organizacións agrarias.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.