• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O Sindicato Labrego esixe dos responsábeis políticos que solucionen o problema da venda de leite fóra de cota por vías non xudiciais

Leche 26 Ene 2007 0

Ante a situación que se está provocando pola venda de leite fóra de cota, coas investigacións da Audiencia Nacional en relación co caso Churtal, o Sindicato Labrego Galego quere saír en defensa dos produtores e produtoras por seren as vítimas deste proceso.

Para o Sindicato Labrego Galego existen dous responsábeis ben claros nesta cuestión: un deles é o Ministerio de Agricultura -tanto na última fase do Goberno de Felipe González, co PSOE; como despois co PP-, pois fomentou a venda de leite fóra de cota como única resposta á conflitividade social que se estaba dando pola loita dos produtores e produtoras de Galiza, que demandaban poder incrementar o seu dereito a producir. A segunda culpábel foi a Administración de Manuel Fraga en Galiza, por ser cómplice do Ministerio no fomento desta compravenda de leite fóra de cota. Así, os produtores e produtoras víronse na obriga de entregar o leite nestas condicións por non ter capacidade para decidir -aínda hoxe non poden cambiar a empresa que lles recolle a produción-; e a pesares de terse posicionado contra este tipo de prácticas, como demostraron as manifestacións e declaracións do Sindicato Labrego naquela época.

Desta maneira, as vítimas finais foron, e están sendo, as propias explotacións leiteiras e as cooperativas. Vítimas porque non se lles deixou producir o leite que precisaban para facer rendíbel a súa actividade, máxime cando as políticas
gobernamentais e comunitarias orientáronse de cara a manter os prezos artificialmente baixos; vítimas por seren criminalizadas por unha práctica fomentada dende o propio Ministerio de Agricultura en complicidade coa Xunta de Fraga; vítimas por teren pagado, un ano si e outro tamén, millonarias supertaxas por pasarse dos seus topes produtivos; e vítimas tamén por verse na obriga de malvender o leite máis barato có seu prezo de mercado, ás veces ata por 12 pesetas menos por litro.

Para o Sindicato Labrego, xa vai sendo hora de que deixen en paz a produtores e produtoras, que problemas abondo teñen nos que pensar: prezos á baixa, dificultades para ampliar a base territorial das explotacións, débedas en aumento,
supertaxas, planos leiteiros deseñados especificamente para impedir que Galiza poida producir máis, etcétera. Por iso, o SLG esixe dos responsábeis políticos, con competencias para facelo, que procuren solucionar esta problemática por outra vía
que non sexa a xudicial; e que, dunha vez por todas, o Ministerio de Agricultura comece a deseñar e aplicar políticas que apoien ás nosas explotacións e non que supoñan un obstáculo tras doutro na súa actividade.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar