• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O sector lácteo recoñece unanimemente a necesidade de controlar a produción pero a CE non toma medidas efectivas para facelo

Leche 27 May 2016 0

A audiencia do Parlamento Europeo sobre o sector lácteo na que participou onte a secretaria xeral do SLG1, Isabel Vilalba Seivane, deixou un sabor agridoce. Por unha banda, esta foi a primeira vez na que houbo unanimidade en recoñecer a necesidade de xestionar a oferta de leite a través de controis sobre a produción, tal e como veu defendendo sempre en solitario a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), especialmente dende a fin do sistema de cotas. Así o admitiron os representantes do COPA e do COGECA, contrarios até agora a calquera tipo de regulación; ou a European Milk Board (EMB), a Comisión e Parlamento europeos.

Aínda que isto podería parecer positivo a primeira vista, a audiencia en Bruxelas tamén serviu para constatar a falla de compromiso de todos estes axentes ao apostar, coa oposición da ECVC, por que ese control da produción sexa voluntario e opcional en cada país, en base ás medidas xa aprobadas en marzo pola Comisión Europea. O fracaso desta acción xa puidemos constatalo en que a produción segue aumentando, especialmente en países como Irlanda ou Holanda. No caso concreto do Estado Español, o Ministerio de Agricultura negouse a incentivar a redución da oferta de leite, e a industria non amosou vontade de aplicala e mesmo puxo atrancos, como pedirlle un ditame ao respecto á Comisión Nacional do Mercado e da Competencia, cando a propia Comisión Europea xa autorizou a excepcionalidade da medida.

Outra cuestión na que tamén houbo unanimidade é en que existe unha posición de dominio total das industrias e distribuidoras na cadea de valor do sector lácteo que non garante unhas marxes dignas para as granxas produtoras. Para a ECVC, temos que crear as bases para que haxa uns prezos mínimos dignos no sector, e non facelo supón seguir mantendo a tremenda inxustiza de que boa parte dos gandeiros e gandeiras de Europa sigan a cobrar o leite a prezos por baixo dos custes de produción.

A CE admite o fracaso das medidas políticas adoptadas até agora no sector lácteo

Ademais, a Comisión Europea admitiu que se aplicaron todos os mecanismos de crise previstos e que non foron efectivos. Para a CE, a situación do sector lácteo é “dramática”. Quedan lonxe as perspectivas triunfalistas que se nos daban dende a Comisión de Agricultura con respecto á fin do sistema de cotas, augurando que o libre aumento da produción sería absorbido sen problema polas exportacións, ao tempo que as organizacións que integramos a ECVC advertiamos que ía suceder xusto o que está acontecendo: un incremento descontrolado da oferta de leite que non responde a unha demanda real de consumo, co conseguinte afundimento dos prezos en orixe.

En resume, para Isabel Vilalba “foi moi frustrante que, a pesares de admitirse unanimemente a necesidade de reducir e controlar a produción de leite, e a pesares de coñecerse a posición de abuso e dominio das industrias, se siga mareando a perdiz e perdendo o tempo apostando por medidas que están a fracasar, como o control voluntario da produción por países”.

A ECVC aposta por unha política leiteira europea baseada no control público da produción e nun modelo sostible e resiliente

Dende a ECVC, defendemos un control público da produción en toda a Unión Europea e que se adapte ás circunstancias de cada país: non se lle pode esixir o mesmo a países como Galiza, onde que se coutou a capacidade de producir e onde se están a impoñer valores para o leite entre os máis baixos de Europa (2.000 granxas cobran por baixo dos 25 céntimos); que a outros como Irlanda ou Holanda, que incrementaron de maneira desorbitada a súa produción para destinar boa parte do seu leite á exportación. Ademais dese control público e obrigatorio da produción, tamén son precisas unha cadea de valor na que estean garantidos uns prezos mínimos que fagan rendible a produción leiteira, e unha negociación colectiva deses prezos en pé de igualdade para as partes negociadoras baseada en índices oficiais que fixen os custes de produción.

Tamén defendemos, dende a ECVC, unha política leiteira baseada nun modelo produtivo sostible e resiliente, cunha sostibilidade asentada nunhas nunhas marxes de beneficio dignas garantidas en todos os elos da cadea de valor; e unha resiliencia que fortaleza as granxas fronte á volatilidade dos mercados e da especulación e que se constrúa en base a diminuIr a súa dependencia crecente de modelos intensivos, compra de insumos e endebedamento.

Na ECVC estamos convencidos e convencidas de que só este tipo de medidas sacarán ao sector lácteo europeo dunha das peores crises da súa historia. Seguir perdendo o tempo con accións inútiles e debates estériles que rara vez se traducen en accións concretas, como está a facer agora a Comisión Europea, supón seguir apostando pola ruína de boa parte do sector lácteo, a destrución de miles de postos de traballo e o desmantelamento da produción en amplas zonas de Europa.

O peor de todo é que as medidas para enfrontar a crise dende Bruxelas, máis alá de non solucionar nada, poden agravar aínda máis a situación e agudizar a desigualdade no sector, xa que a voluntariedade vai fomentar -e de feito xa o está facendo- unha guerra entre países produtores e entre as propias granxas.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra
Leche16 Jul 2026

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar