• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG esixe ao Goberno que adopte medidas efectivas para salvar ao sector lácteo

Leche 12 Jul 2004 0

O sector lácteo estatal, e en especial o galego –que representa á metade das explotacións-, está atravesando dende hai anos unha fonda crise debida á aplicación dunha Política Agraria Común (PAC) deseñada para favorecer á industria e aos negocios especulativos relacionados co sector agrario.

Atopámonos agora nunha situación na que o prezo do leite segue sen amosar signos de recuperación, namentres que os custes de produción estanse a disparar mes a mes, tendendo a cero o beneficio das explotacións leiteiras. Este é o punto do que parte un círculo vicioso: as explotacións, para acadar beneficios, vense na obriga de producir máis para gañar o mesmo, o que provoca un aumento desorbitado do prezo da cota láctea, que é un investimento imprescindíbel para poder producir que as hipoteca para o futuro. Isto provoca unha mingua do beneficio final da actividade produtiva de xeito inmediato, e unha constante destrución de explotacións que non resisten esta carga financeira, o que está provocando un despoboamento agudo do medio rural e mesmo a desaparición de moitas parroquias.

A pesar da tremenda crise, o Goberno de Zapatero segue sen tomar esas poucas medidas que poderían trocar totalmente o panorama do sector lácteo. Semella que non teña vontade de que os ventos muden a favor das explotacións familiares. Por iso, dende o SLG instamos ao Ministerio de Agricultura a que:

• Estableza mecanismos que estabilicen os prezos, coma contratos obrigatorios entre industria e produtores que fixen un valor mínimo para o leite e garantan unha rendibilidade que cubra os custes de produción, o traballo e a amortización dos investimentos nas explotacións.

• Free o mercado de cotas, pois a compravenda de dereitos só pode favorecer unha especulación en favor daqueles que posúen grandes cantidades de capital para investir. Unha vía para facer isto podería consistir en recuperar a reserva nacional para distribuír cota entre aquelas explotacións que realmente a necesitan, é dicir, aquelas cuxo medio de vida depende da produción de leite.

• Deixar de promover aos entes especulativos que existen no sector. Pola contra, o Ministerio de Agricultura debería apostar abertamente e sen trabas polas explotacións lácteas de tipo familiar e extensivo cun modo de traballo sustentábel, que son quen de xerar a máxima rendibilidade sen chegar a producións esaxeradas e supoñen un factor de primeira orde para manter con vida ao medio rural.

En definitiva, o que pide o SLG é que o Ministerio de Agricultura comece a apoiar dunha vez por todas á gandería e ás explotacións de tipo familiar en troques das grandes industrias e dos negocios especulativos que lle están chuchando o sangue ao sector.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar