• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Política Agroalimentaria non quere recoñecer os seus erros e, por riba, búrlase dos gandeiros galegos

Leche 15 Oct 2004 0

A metedura de pata da Consellería de Política Agroalimentaria ao non publicar a orde para que os gandeiros e gandeiras de Galiza poidan solicitar cota láctea do Fondo Estatal, cun prazo improrrogable que expira o 15 de outubro posto polo Ministerio de Agricultura, estase convertendo nun cúmulo de despropósitos por parte da Administración.

A Consellería declarou a un diario galego que as denuncias do SLG “carecen de sentido, por canto a orde está convocada e en vigor en Galicia dende que a publicou o Ministerio de Agricultura”. Supoñemos que o novo responsable da Consellería está sendo víctima da súa pouca experiencia no cargo. En todo caso, lembrámoslle a José Antonio Santiso Miramontes que o Real Decreto 347 / 2003 do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión da cota láctea, di no seu artigo 30 que a convocatoria e tramitación para a venda de cota do Fondo Estatal lle corresponde aos órganos competentes das comunidades autónomas; algo que recoñeceu a mesma Consellería ao declarar ser “só un organismo tramitador da solicitude de axuda e non o convócante”.

É dicir, que a Consellería ten a obriga de dar a orde en Galiza para abrir o prazo de tramitación coa publicación dunhas bases para poder realizar a solicitude, o establecemento de baremos para concedela ou, en caso de que queira eludir ese traballo, remitíndose á orde ministerial. A pesar de todo, Política Agroalimentaria non fixo nada diso. É máis, en diversas axencias de Extensión Agraria estase informando aos gandeiros galegos de que este ano a Xunta non ofertou a posibilidade de solicitar cota láctea do Fondo Estatal, polo que ninguén o está a facer.

Dende o SLG sabemos que a cota ofertada polo Ministerio de Agricultura na Orde APA 2727 / 2004 de 26 de xullo é de miseria: 7.938 toneladas a 39 céntimos por litro. Nembargantes, esa non é xustificación suficiente como para que Política Agroalimentaria renuncie a ela, sobre todo se temos en conta que Galiza, sendo a comunidade que máis explotacións lácteas ten do Estado –máis do 50%- é, proporcionalmente, a máis deficitaria no reparto dos dereitos de produción (menos dun tercio).

A nova Consellería de Política Agroalimentaria dirixida polo recén nomeado Conselleiro José Antonio Santiso Miramontes, vai cometer unha irresponsabilidade ao privar a algunhas explotacións lácteas galegas de ampliar a súa cota para garantir a súa viabilidade, e demostra así, unha vez máis, a súa máis absoluta incompetencia para traballar en prol dos intereses labregos. En calquera caso, o novo Conselleiro non empeza con bo pé o seu mandato. Nos tempos que corren, co peche de miles de explotacións lácteas cada ano en Galiza, non podemos renunciar a ningunha ampliación de cota por pequena que sexa.

Para o Sindicato Labrego Galego resulta deplorable como a Administración, en troques de recoñecer os seus erros, xogue ao despiste burlándose dos labregos e labregas de Galiza que viven do leite e das organizacións agrarias que, democraticamente, os representan.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar