Ante as novas perspectivas que Bruxelas pretende debuxar, resulta inaceptable que o MAPA lles pretenda cobrar 27 céntimos por litro aos gandeiros galegos por incrementar unha cota que ten os días contados, xa que a súa caducidade quérese impoñer concretamente para o día 31 de marzo de 2015.
Ademais, a cota que se poida vender a través do fallido Plan Lácteo da Ministra Espinosa xa non vai ter validez na presente campaña, por canto estará practicamente consumida polos gandeiros que solicitaron o abandono.
Consecuentemente Xóvenes Agricultores esixe que o próximo reparto de cota láctea do Fondo Nacional sexa totalmente gratuito para os productores.
Por outra banda, o MAPA no pode pechar os ollos ante a proposta europea da desaparición das cotas, non tomando as medidas oportunas para estaren preparados ante un escenario sen limitacións á produción.
Ante o novo escenario que as autoridades comunitarias pretenden impoñer, Xóvenes Agricultores recomenda aos gandeiros que miren con lupa as inversións en cota porque o período de amortización recortarase drásticamente no momento que se poñan en marcha as medidas da pretendida abolición do sistema, medidas que se tomarán para o 2008.
Santiago, 16 de novembro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.