Os representantes de Xóvenes Agricultores queren que o MAPA resarza o sector pola súa política errática “xa que -explicaron-os gandeiros non sabemos si temos que invertir, se temos que vender, se imos ter máis cota, ou si vai desaparecer o sistema mañán. Moito menos sabemos ainda quen nos vai indemnizar por facer caso do goberno e invertir, e agora ter os cartos devaluados”.
O plan lácteo aprobado recentemente polo Goberno prexudica gravemente ó sector leiteiro galego, xa que rexionaliza as cotas facendo imposible a compra das que se abandonan noutras Comunidades Autónomas. Debemos lembrar que en Galicia está o 55% dos productores deste país , e que ademais os galegos foron os que maior esforzo económico fixeron en todo o Estado, multiplicando por mais de dous a cota da comunidade, fundamentalmente polas adquisicións feitas fóra e nas que se investiron máis de 200 millóns de euros.
A lamentable política do goberno vai facer desembolsar aos gandeiros de Galicia en torno ós 11 millóns de € para mercar as cotas que se abandonaron na nosa Comunidade Autónoma. Este mal chamado plan non ten en conta que, segundo se propón na revisión da PAC do ano 2008, o sistema de cotas pode desaparecer, o que obrigará aos nosos gandeiros a pagar por algo que dentro de moi poucos anos non terá ningún valor.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.