A Executiva de Xóvenes Agricultores acordou hoxe esixir do Ministerio que consiga de Bruxelas que non se cobre a taxa láctea durante a presente campaña, ante a escasez do producto e o incremento de prezos ao consumidor. A organizacion desexa que os gandeiros poidan producir máis e percibir un prezo xusto polo leite, pero tamén que o consumidor non pague un sobreprezo por un producto de primeira necesidade.
Xóvenes Agricultores, que ten detectado no MAPA unha grave falta de interese polo sector, reclama, diante da anunciada desaparición do sistema de cotas, a creación dun Fondo de Compensación para os productores que invertiron nelas.
En opinión do novo secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, “nun país onde producimos só o 60% do leite que consumimos, non é normal que o Ministerio non interveña. E o que é peor, os gandeiros galegos, que son os ùnicos que siguen aumentando a súa producción, non poden seguir permanentemente ameazados coa multa da supertaxa. De feito, sin facer ningunha inversión, Galicia podería producir moito máis, o cal sería positivo para o mercado e os consumidores. E se non o facemos e por medo a sancións”.
Para Xóvenes Agricultores é moi grave que o Goberno esté totalmente fora de xogo nun momento no que faltan meses para que Bruxelas tome a decisión de facer desaparecer as cotas láctea a partir do 2015. Pero é que, ademáis, no momento en que se tome esa decisión xa se poden adoptar medidas de acompañamento como o incremento de cotas para os Estados membro, a posible compensación de sobrepasamento entre Estados, a transferencia de cotas entre productores de distintos países e mesmo a progresiva reducción da taxa láctea.
Santiago, 17 de setembro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.