A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) están a organizar unha Xornada de manexo de gando con cans que se celebrará o próximo venres 17 de outubro no CIAM, trátase dunha xornada dirixida principalmente a socios/as e demais gandeiros/as do sector coa finalidade de contribuír a mellorar o manexo do seu gando axudándose de cans, neste caso da raza Border collie.
Contaremos con Alejandro Ibarra Artús (Lakuntza, Navarra), adestrador profesional de traballo e comportamento canino con moitos anos de experiencia e que xa estivo en anos anteriores en Galicia realizando este tipo de demostracións organizadas por OVICA.
Ademais, e como novidade, Alejandro explicará os novos proxectos nos que está a traballar, xunto coa asociación Mendilur Elkartea, co fin de promover o benestar psíquico, físico e social a través do traballo con animais, en concreto con cans, é o que se coñece como Terapia Asistida con Animais (TAA).
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.