• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG: A situación global do mercado leiteiro

Leche 3 Sep 2009 0

O prezo do leite para o produtor/a directo caíu drasticamente en todo o mundo (1), ameazando a millóns de produtores/as con deixalos fora do mercado. En consecuencia, os produtores de leite alzáronse nunha protesta global.

Desde o comezo do ano, miles de membros das organizacións da Vía Campesiña sumáronse a estas protestas en Bruxelas e Estrasburgo, en Madrid, Berlín, Galiza, Francia, Bélxica, Alemaña, Portugal, Suíza, Indonesia, República Dominicana e ao longo de Estados Unidos.
Aínda que só unha pequena parte do leite producido no mundo comercialízase a nivel internacional, a «liberalización» deste mercado levou a todos e todas os/as produtores/as de leite a depender dos prezos nos mercados mundiais. A OMC enfronta entre si a todos os produtores/as de leite do planeta nunha carreira ao prezo máis baixo xa que as grandes compañías de comida procesada como Nestlé, Fonterra, Kraft… benefícianse do acceso a leite barato.
O prezo do leite está principalmente influído polo baixo custo de produción nos grandes países exportadores como Nova Zelandia e Australia, e polo dumping da sobreproducción de EEUU e Europa no mercado mundial.

Aínda así, no canto de reducir a produción leiteira, a UE e EEUU reactivaron recentemente as axudas para a exportación, forzando uns prezos para o leite internacional aínda mais baixos.

En calquera lugar do mundo, hoxe en día, os prezos do leite son moi baixos como para que as produtoras e os produtores se poidan gañar a vida decentemente. Esta situación tampouco beneficia ás consumidoras e consumidores, xa que o prezo do leite nos supermercados mantívose alto dende que subiron durante a crise alimentaria en 2007/08. Deste xeito, tanto a industrial do leite como as grandes superficies de distribución, están amasando unha fortuna a expensas dos produtores e dos consumidores.

A Unión Europea decidiu liberar aínda máis o mercado lácteo marcando unha data límite en 2015 para o seu sistema de xestión de produción (cotas), e incrementando estas cotas nun 1% anual até o 2015. Esta política leva aos produtores de leite, homes e mulleres, a unha situación de crise sen precedentes que podería concluír nun desastre social e ambiental.

Nos Estados Unidos, os promotores do libre comercio e as compañías de produtos lácteos procesados continúan esixindo unha maior desregularización do mercado do leite e acentúan a necesidade de «ser globalmente competitivos e estar orientados á exportación».

O prezo do leite esta maiormente determinado polo prezo do queixo na Bolsa de Valores de Chicago (CME, Chicago Mercantile Exchange), o cal é susceptible á manipulación por parte dunhas poucas entidades corporativas.

En decembro de 2008, Dairy Farmers of America (DFA), a maior corporativa de produtos lácteos do país, foi multada con 12 millóns de dólares por manipulación dos prezos na CME. A DFA foi tamén investigada durante dous anos polo Goberno de EEUU por abusos contra a libre competencia ao monopolizar o mercado e forzar aos produtores de leite a asociarse á súa cooperativa, xa que en moitas partes do país, as produtoras e os produtores non teñen mais opcións que vender o seu leite á DFA.

Grazas ao bucle comercial creada pola OMC, os produtores/as de leite de EEUU foron tamén prexudicados polo dumping de concentrados de proteína de orixe láctea estranxeiros, especialmente procedente de Nova Zelanda. Estes produtos desprazaron aos produtores/as de leite norteamericanos abaratando os prezos dos produtos para o consumidor.

O acordo da OMC de 1994 e as condicións para o crédito por parte do FMI, forzaron aos gobernos a desregular o mercado do leite. Excepto nalgúns países como Canadá, todos os sistemas de xestión de produción desapareceron.

O leite é un produto fresco e nutritivo que outorga valor comercial a millóns de hectáreas de pastos no mundo, promovendo o desenvolvemento e o emprego rural a condición de que a súa produción estea en mans de moitas granxas familiares sustentables. No entanto, como resultado da liberalización do mercado, a produción leiteira industrial reemprazou maiormente todas as pequenas granxas produtoras de leite.

Isto tivo consecuencias devastadoras: a produción industrial é dependente de custosos insumos (pensos e fariñas alimentarías, enerxía…), contamina o medio ambiente (desfeitos orgánicos, metano, transporte do alimento…), e leva ao desastre social (desaparición das produtoras de leite familiares, empregos de baixa calidade nas produtoras industriais…).

En xaneiro de 2009 o Sindicato de Agricultores de Indonesia (SPI polas súas siglas en inglés) esixiu ao goberno que protexese aos produtores de leite locais de chegar á quebra completa. A compañía transnacional Nestle, primeira compradora de leite do país, comezou a reducir o prezo de compra nas granxas aínda que o prezo de venda ao consumidor dos produtos lácteos alcanzaron un prezo excepcionalmente alto. Todas as grandes compañías procesadoras de leite seguíronlle os pasos.

Isto pareceu ser o derradeiro golpe para a industria láctea doméstica, que viña sendo atacada durante os últimos 25 anos de desregularización. En 1983, baixo a regulación do FMI, o Goberno anulou a lei que obrigaba ás empresas que operaban en Indonesia a comprar unha certa porcentaxe do leite usado nos seus produtos á marxe do leite que importasen doutros países terceiros. En 2003, o Goberno de Indonesia, foi mais alá reducindo os aranceis do leite importado dun 5% a un 0%. Como resultado, hoxe en día, o 70% do leite consumido en Indonesia provén de Nova Zelandia e Australia, e en consecuencia, as produtoras e os produtores preguntan se serán capaces de manterse no mercado.

A Vía Campesina insta os gobernos a actuar para solucionar a crise urxentemente:
* Manter e desenvolver unha produción leiteira sustentable baseada nos labregos e labregas en todas as rexións leiteiras, a cal estará baseada nos pastos e forraxes locais;

* (Re)introducir os sistemas de xestión da produción públicas para manter a oferta en equilibrio coa demanda, e conseguir así prezos xustos tanto para os produtores como para os consumidores/as;

* Os prezos de compra ao produtor/a teñen que cubrir os custos da produción, incluíndo o custo do traballo xustamente remunerado;

* Deter a obrigación imposta pola OMC de importar un mínimo
do 5% dos produtos lácteos;

* Prohibir calquera subsidio á exportación e permitir que todos os países e unións conveñan tarifas ou impostos para protexer a súa propia produción de leite.

*Manter altos estándares na identificación dos produtos lácteos para garantir a integridade da definición de «leite» e para previr o dumping con produtos sustitutivos do leite de peor calidade.

(1) En Europa, o prezo do leite caeu un 30% desde o final de 2007, mais baixos aínda que os prezos mínimos de 2006.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar