Tras coñecer diversas informacións de prensa nas que se pon de manifesto que unha firma da gran distribución, Alcampo, de capital francés, veta a unha industria láctea española, Leite Pascual, por non querer vender esta última o seu produto aos prezos ofertados á baixa polo devandito centro comercial, a organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia amósase convencida de que a Comisión Nacional da Competencia (CNC) actuará “de oficio” diante desta “autodenuncia” da distribución, na que se pon de manifesto a política de utilización do leite como produto reclamo e a fixación de prezos mesmo por debaixo dos custos de producción. Con esta actitude, XXAA cre que a distribuídora gala declara a guerra ao sector lácteo.
Xóvenes Agricultores reclama da Comisión Nacional da Competencia a mesma axilidade e rapidez na investigación deste recoñecido procedemento de determinación artificial de prezos do leite para o consumidor, coa que procede no exame dos posibles acordos entre produtores e industrias á hora de establecer parámetros para a configuración de contratos homologados de compra-venda de leite. Cómpre lembrar neste senso, que a Unión Europea avala rotundamente a capacidade negociadora integral das organizacións profesionais agrarias fronte ás industrias.
A Comisión Nacional da Competencia ten unha boa oportunidade de demostrar a súa utilidade social examinando detidamente a autodenuncia de Alcampo, empresa distribuídora gala que, co seu veto a unha industria láctea española, admite de xeito fehaciente como fixa artificialmente os prezos á baixa nos seus lineais de leite líquido aos consumidores.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.