Unións Agrarias desconfía da dilixencia e firmeza do Consello Galego da Competencia xa que con data 24 de febreiro deste ano, esta organización sindical presentou ante este órgano galego denuncias contra varias empresas lácteas polas prácticas monopolísticas que veñen desenvolvendo cos produtores da Comunidade. As denuncias ían acompañadas de documentación que acreditaba as malas prácticas destas industrias e a situación á que abocaban o sector primario en Galicia.
Dada a magnitude e importancia deste asunto, a organización sindical liderada por Roberto García considera que debería ser abordado no marco dunha mesa sectorial no que teñan voz os produtores lácteos.
Con todo, coñecidas polos medios de comunicación as intencións do Consello Galego da Competencia de investigar estas accións e ante a falta de información ao sector, Unións Agrarias demandou unha reunión co presidente deste órgano co fin de intercambiar a información que o sindicato ten recollido entre os gandeiros en relación coa imposibilidade de negociar a entrega do seu leite coas súas empresas.
Curiosamente, despois de que este sindicato presentase xa as primeiras denuncias hai máis de un ano, de que a comezos de este reiterase as acusacións, de que solicitase unha reunión cos responsables do mesmo, o Tribunal Galego da Competencia reúnese con responsables de Xóvenes Agricultores, sen que transcendan datos obxectivos das investigacións iniciadas, o que leva a afirmar que se trata dunha acción de oportunidade partidista.
Unións Agrarias demanda seriedade, rigorosidade e responsabilidade nun asunto que está a prexudicar gravemente as economías e os intereses dun gran número de gandeiros galegos e cualifica de prescindibles os exercizos de protagonismo estéril que realmente non veñen a resolver os problemas do sector e parecen ideados para ser cortina de fume do Goberno galego para non proporcionarlles unha solución.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.