A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores quere amosar a súa máis fonda inquietude pola repercusión e incidencia negativas que as actuais condicións meteorolóxicas están a crear no rural galego. Logo dunha primaveira con escasas precipitacións, que xa xeraron problemas nas economías dos agricultores e gandeiros, o actual outono ven marcado por unha ausencia case que total de choiva que afecta tanto aos cultivos como a alimentación do gando. As praderías ou os terreos forestais tamén se ven perxudicados pola ausencia da auga. Xóvenes Agricultores quere chamar a atención das administracións públicas sobre esta situación de deterioro das explotacións, que se engade ás alzas continuas dos custos para manter operativas as granxas e á baixada nos prezos dos produtos. XX.AA. desexa que as administracións analicen a situación e poñan en funcionamento instrumentos e medidas para paliar esta nova crise no agro.
Trataríase de pór en marcha axudas a través de subvencións ou mediante créditos blandos, que contribuísen a compensar as perdas económicas derivadas da falta de forraxe e, consiguientemente, da necesidade de mercar alimento extra para o gando, dado que non hai herba. Produccións como pataca e millo tamén están a sufrir as nefastas consecuencias da seca. As perdas, de manterse esta situación, poderían ser millonarias. Por iso, e ademais destas demandas, XX. AA. pídelle ao Goberno que con carácter urxente arbitre medidas fiscais como a devolución das cotas de cotización á Seguridade Social durante 6 meses ou a reducción dos módulos do IRPF nas actividades agrícolas e gandeiras.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.