Unións Agrarias reclama do novo Goberno que priorice a posta en marcha do Decreto Lácteo para que os novos contratos homologados poidan ser aplicados desde o vindeiro 1 de abril data de comezo da campaña láctea.
Despois de coñecer o acordo acadado onte entre o Parlamento e o Consello europeo do denominado “Paquete Leite”, para o sindicato non existe ningún impedimento para que o futuro Executivo de Mariano Rajoy, poña en marcha un regulamento fundamental para que os gandeiros poidan mellorar as súa capacidade de negociación cas industrias.
A maquinaria burocrática comunitaria pode condenar os produtores a un retraso de preto de seis meses na aplicación dunha norma que ten que axudar a erradicar as prácticas ilegais das industrias como a concertación de prezos a baixa e a imposibilidade por parte dos gandeiros de cambiar de empresa e outras que non foron investigadas polo Tribunal Galego da Competencia ata que foron denunciadas por UUAA.
A Comisión Europea validará o vindeiro 20 de decembro a acordo acadado onte por Parlamento e Consello, polo que queda sobradamente clarificado a vontade das institucións comunitarias de sacar a diante a norma que universalice os contratos homologados para os sector lácteo.
A situación de extrema gravidade que están atravesando as economías das arredor de 11.000 familias que están ao fronte de explotacións gandeiras en Galicia, fai necesario que se acurten os prazos administrativos para que a nova normativa sexa unha realidade o antes posible e permita salvar moitos dos peches de granxas que están a punto de producirse.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.