• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

Acordo UE sobre o paquete leite: a próxima crise europea está anunciada

12/12/2011

O Sindicato Labrego Galego denuncia que o acordo entre a Comisión, o Parlamento e o Consello de Ministro deixa ao sector lácteo totalmente en mans da Industria. O acordo adoptado onte renuncia a dotarse de mecanismos para que os produtores e produtoras de leite teñan prezos estables e que permitan integrar as subas nos custos de produción. Por parte das institucións europeas recoñeceuse o desequilibrio na cadea de valor e a desigualdade do poder de negociación entre produtores e produtoras, e industria. Pese a iso, no se acordaron medidas para unha regulación da produción e do mercado que permita manter explotacións leiteiras en todo o territorio europeo, nin o emprego nin o tecido económico e social que se xera arredor; deixando unha vez máis o poder de impor as condicións en mans da industria. Sorprenden todas as limitacións que se poñen na dimensión das organizacións de produtores e produtoras, cando en fronte hai grandes multinacionais do leite como Lactalis ou outras que conseguen impor prezo e condicións en diferentes países.

A reforma atenta contra os produtores e produtoras. Desaparecen miles de gandeiros e gandeiras en moitas zonas europeas como Galiza á vez que aumenta a concentración da produción en granxas cada vez más industrializadas e en determinadas zonas como o norte de Alemaña, nas que xa se constatan graves problemas de nitratos en terras e augas, con un modelo de produción cada vez máis intensivo que xera alimentos de peor calidade. Onte mesmo no Grupo Consultivo do Leite fíxose público o dato de que máis de 25.000 persoas morren cada ano na UE polas resistencias a antibióticos, de amplo uso en saúde humana e veterinaria. Avanzar neste modelo industrializado atenta contra os produtores e produtoras, e contra a cidadanía en xeral.

Na xuntanza do Grupo Consultivo que tamén tivo lugar onte en Bruxelas, un representante da Comisión Europea presentou a proposta de contractualización feita ao servizo da gran industria leiteira. Isabel Vilalba Seivane, membro da Executiva do Sindicato Labrego Galego e do comité da Coordinadora Europea Vía Campesina, demandoulle ao representante da Comisión nesta xuntanza mecanismos para que nos contratos figure un prezo mínimo que permita integrar as subas nos custos de produción e unha remuneración xusta polo traballo, que se arbitre un sistema para cando non haxa acordo entre as partes, sen que o prezo sexa imposto pola industria, e que aos produtores e produtoras se lles garanta non ter que asinar un contrato co que non están de acordo.

No apartado informativo sobre a situación do mercado, Isabel Vilalba tamén denunciou os baixos prezos que están a impor as industrias nalgunhas zonas como Galiza, así como o feito de que , fronte ao aumento de produción en países como Alemaña, Francia ou Irlanda e unha gran incerteza na saída do produto ao mercado, non se trate de tomar medidas para evitar unha crise futura. Por outra parte, o Sindicato Labrego Galego rexeita que se deixe ás cooperativas fóra dos mecanismos de contractualización, xa que teñen unha importante recollida de leite e moitas veces na práctica impoñen condicións igual de agresivas para os produtores e as produtoras cás outras industrias.

Sen un sistema de control da produción pública que garanta unha adaptación entre a oferta e a demanda, os produtores e produtoras enfrontaranse a unha gran volatilidade de prezos e á ruína de miles de explotacións. Non é aceptable tampouco que neste momento a Comisión non dispoña dun estudo actualizado do impacto que podería ter o final del sistema de cotas no 2015.

Valoramos positivamente sen embargo que cambiasen algunhas normas da competencia para negociar o prezo do leite, tal e como sempre sostivo o Sindicato Labrego Galego, e neste sentido pedimos que se recoñeza a importancia do leite como un produto alimentario básico, que non pode deixarse abandonado á ditadura dos mercados Pensamos que o mantemento da regulación da produción para as Indicacións Xeográficas Protexidas é positiva , aínda que cos mesmos criterios debería estenderse á totalidade do mercado do leite.

Fronte á desaparición de miles de explotacións en moitas rexións europeas e de miles de empregos asociados a elas, a UE prefire apoiar os intereses da gran industria, sen pór medidas para controlar as exportacións por debaixo dos custos de produción, con dumping, que arruínan aos produtores e produtoras de leite en Europa e en Terceiros países.

Desde o Sindicato Labrego Galego, sumámonos á petición que a Coordinadora Europea Vía Campesina lle fai ao Parlamento Europeo e ao Consello para que non ratifiquen este acordo, e traballen en mecanismos que garantan prezos que lles permitan vivir dignamente do seu traballo a todos os produtores e produtoras de leite, así como o mantemento dunha produción de leite sostible en Galiza, así como nas diferentes rexións europeas.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • 343 litros de leche en 72 horas 20/05/2026
  • Javier Roza asume de nuevo la presidencia de la patronal láctea española 18/05/2026
  • ¿Cuánto han pagado las principales industrias por la leche en marzo? 08/05/2026
  • Los lácteos europeos salen a la carretera para conquistar al consumidor responsable 08/05/2026
  • La industria láctea tensa y rompe la cuerda 05/05/2026
  • Un millón de toneladas de lácteos importados y el peor saldo comercial en una década 29/04/2026
  • Nueva ayuda de Castilla y León para compensar costes de recogida de leche en montaña 28/04/2026
  • Cómo convertir el suero de queso en pienso proteico 24/04/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo