• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A Consellaría de Medio Rural de la Xunta despreza ao sector lácteo e négase a escoitar as denuncias pola extorsión dos contratos obrigatorios sen prezo

Leche 27 Feb 2012 0

Un cento de produtores e produtoras de leite afectados/as pola nova baixada de prezos imposta, de xeito unilateral, por algunhas industrias como Río ou Celta, manifestáronse, 24 de febreiro, diante da Consellaría de Medio Rural. Ademais de denunciar a baixada de prezos, tamén se protestou polo decreto do Ministerio de Agricultura que obriga ás explotacións a asinar contratos de compravenda coas empresas, sen que estas estean obrigadas a asegurar un prezo mínimo por baixo do cal non se poida baixar, e so pena de que os gandeiros e gandeiras perdan as axudas da Política Agraria Común (PAC). A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, non o dubidou á hora de cualificar a obrigatoriedade dos contratos sen garantía de prezo como “unha auténtica extorsión a todo o sector lácteo”.

Este acto de denuncia tería transcorrido con normalidade de non ser pola negativa da Consellaría de Medio Rural a recibir a unha comitiva de gandeiros e gandeiras para expoñer estes problemas. A pesares de terlle solicitado esa entrevista ao director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, hai unha semana, o SLG non recibiu resposta algunha. Así e todo, un grupo de representantes dos e das manifestantes, no que tamén estaban Carme Freire, e a responsable do sector leiteiro do SLG, Lupe Prado, tentaron manter ese encontro trala concentración. Mais, a pesares de pedirllo cara a cara e de xeito verbal a Álvarez Robledo na porta do seu despacho, este negouse en redondo a recibir aos e ás sindicalistas e profesionais do sector lácteo e marchou sen sequera dedicar un minuto a escoitar as súas queixas e problemáticas.

A actitude do director xeral de Produción Agropecuaria e da Consellaría de Medio Rural supón un monumental desprezo a todo un sector lácteo que esta a pasar por unha das súas peores crises por mor das constantes subas dos custes de produción e dos prezos á baixa; crise que na que existe unha clara responsabilidade política, tanto do Ministerio de Agricultura como da Consellaría de Medio Rural, que lexislan e xestionan sempre para que as industrias obteñan o máximo lucro a conta de minguar, cada vez máis, as rendas dos labregos e das labregas.

Esta situación crítica vaise agudizar agora por mor de medidas políticas manifestamente erróneas, como a de obrigar a asinar contratos entre industrias e explotacións sen que haxa un prezo mínimo de referencia e, por riba, sen que a Unión Europea obrigue a facelo, pois depende da vontade de cada estado membro.

Precisamente, estes contratos obrigatorios son os que dan azos agora a industrias como Río ou Celta, que veñen de impoñer unha baixada de 1 céntimo por litro no leite comprado no mes de xaneiro, sen previo aviso ás explotacións, e ameazando con que esa baixada se irá incrementando nos vindeiros meses. E iso a pesares de que o valor do leite en Galiza é o máis baixo do Estado e un dos máis baixos da Unión Europea. Mais non lles importa: saben que contan co apoio cómplice da nosa clase política e das súas leis para extorsionar a todo un sector.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026
Leche3 Jul 2026

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar