• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

A Consellaría de Medio Rural mófase das explotacións agrogandeiras cunhas axudas ridículas para paliar as perdas pola seca

21/03/2012

Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos as axudas para paliar as perdas provocadas pola seca, que vén de anunciar a Consellaría de Medio Rural, como unha burla para as explotacións agrogandeiras galegas. Financiar os xuros dun préstamo equivalente ás axudas da PAC das explotacións, só facilita que se adianten uns cartos aos que os labregos e labregas tiñan dereito e que, máis tarde ou máis cedo, acabarían ingresando. É dicir, que estas supostas axudas ás explotacións acabarán sendo subvencións a fondo perdido para a banca, que será a que cobre eses xuros custeados con cartos públicos.

Que a Consellaría de Medio Rural pretenda vender esta medida como unha axuda para paliar os danos pola seca roza o ridículo e dá fe da incapacidade da Xunta para facer nada positivo polos sectores agrogandeiros do noso país. De feito, as nosas explotacións gandeiras, por exemplo, están padecendo agora as consecuencias da seca do 2011, pois a falla de choiva do ano pasado impediulles fornecerse de forraxes para este ano. Xa que logo, a Consellaría de Medio Rural tenta facer algo fronte aos danos da seca cun ano de atraso, e faino de xeito moi deficiente: non só non dá axudas -só facilita que se cobren antes os cartos da PAC para que as explotacións gandeiras poidan mercar forraxes- senón que esquece sectores enteiros tamén afectados como o do viño, o da horta ou o da pataca, que o ano pasado xa sufriron perdas millonarias sen que ninguén se acordase deles. O único consolo é que, polo menos, en 2012 a Consellaría de Medio Rural ten constancia de que hai seca e de que esta está a a ter un forte impacto na economía dos diversos sectores agrogandeiros; por desgraza, aínda estamos agardando a que se pronuncie sobre os danos da seca do 2011.

Dende o Sindicato Labrego Galego esiximos que a Consellaría de Medio Rural sente, dunha vez por todas, aos diversos sectores agrogandeiros para analizar as perdas que están sufrindo por mor da seca e articule, en diálogo con eles, medidas e axudas efectivas que axuden a manter as rendas das explotacións nesta conxuntura meteorolóxica excepcional. Tamén pedimos dende o SLG que, sobre todo, a Consellaría de Medio Rural empece a exercer como tal e non se volva esquecer das súas obrigas como fixo o ano pasado.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Ganaderos de leche, contra la industria: «Sin leche no pueden transformar» 27/03/2026
  • Los ganaderos de leche no cubren costes y el campo asturiano sale a la calle este viernes 26/03/2026
  • Entrada masiva de excedentes lácteos europeos en el mercado español según FeNIL 26/03/2026
  • Castilla y León convoca los Premios Cincho 2026 24/03/2026
  • UPA CyL  reclama a las industrias lácteas que prorroguen los contratos de recogida de leche 24/03/2026
  • Los socios de Fonterra recibirán una media de 180.000 € tras la venta de parte del negocio 23/03/2026
  • Reclaman la prorroga de los contratos de leche a partir de abril 23/03/2026
  • «La leche para nuestro desayuno vendrá en polvo si la industria gana la batalla» dice COAG 20/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo