• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG e concello preparan o terreo para fixar un mercado semanal de alimentos labregos en Teo

Alimentación 30 May 2012 0

O sábado, 9 de xuño, a partir das 9:00 horas e ao longo de toda a mañá, inaugurarase o mercado semanal do Alimento Labrego de Teo, na praza dos Tilos. A intención fundamental desta actividade é a de posibilitar un espazo de venda directa como alternativa de futuro para as produtoras e produtores da zona. Con esta liña de fondo, o mercado nace como un proxecto de acción e sensibilización colectiva, para favorecer o consumo de alimentos locais e de tempada, e para de recuperar a idea do mercado como espazo social e de encontro. Dende o Sindicato Labrego Galego cremos que, no contexto de crise estrutural na que nos atopamos, as alternativas de futuro pasan por este tipo de apostas, que teñen na soberanía alimentaria o seu marco de acción.

Esta iniciativa tivo o seu comezo no 2011, cun curso de agricultura ecolóxica do concello de Teo en colaboración co Sindicato Labrego. Despois da boa acollida deste curso, e coa ilusión das produtoras e dos produtores da comarca, considerouse moi importante que fose neste concello onde se albergase un mercado destas características.

O desenvolvemento de mercados coma este é tamén unha vía para xerar emprego rural, especialmente nestes momentos no que o paro ameaza a unha parte importante da poboación. Precisamos buscar alternativas, e a produción de alimentos sans e de calidade é unha delas.

Este mercado bota andar co compromiso dun grupo de labregas e labregos da comarca, agardando que se sumen moitas e moitos máis. No mercado poderemos atopar espazos diferenciados: agricultura ecolóxica certificada, alimentos naturais e sostibles, producións caseiras, etcétera.

Como traballo previo á inauguración deste mercado, produtoras e produtores do Sindicato Labrego Galego da comarca, xunto con persoal do Concello de Teo, están levando a cabo unha campaña de sensibilización das consumidoras e consumidores que rematará este xoves, 31 de maio, cunha charla na Mediateca do Grilo, en Cacheiras, ás 20:30 horas. Deste xeito, o SLG e o concello de Teo rematan un ciclo de charlas informativas que xa se celebraron en Calo, Recesende e Os Tilos.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El fin del «puede contener» indiscriminado: el Codex fija por primera vez umbrales científicos para alérgenos
Alimentación14 Jul 2026

El fin del «puede contener» indiscriminado: el Codex fija por primera vez umbrales científicos para alérgenos

Pais Vasco corta el tráfico pesado un día entero por el eclipse del 12 de agosto
Alimentación13 Jul 2026

Pais Vasco corta el tráfico pesado un día entero por el eclipse del 12 de agosto

Unión de Uniones traslada al Parlamento Europeo sus enmiendas al paquete Ómnibus agroalimentario
Alimentación8 Jul 2026

Unión de Uniones traslada al Parlamento Europeo sus enmiendas al paquete Ómnibus agroalimentario

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar