Unións Agrarias acusa a Comisión Nacional da Competencia de ter unha clara intención de reabrir o conflito no sector lácteo. So así se poden entender algunhas das recomendacións presentes no informe que acaba de facer público este organismo dependente do Ministerio de Economía. O citado texto non deixa de ser unha emenda a totalidade da Lei da cadea alimentaria promovida polo Ministerio de Agricultura, xa que todas e cada unha das súas argumentacións van encamiñadas a que industrias e distribución non teñan a ameaza sequera do tímido réxime de sancións proposto pola normativa impulsada por Arias Cañete.
Para o sindicato resulta un impresentable exercicio de cinismo que se acuse aos produtores de non denunciar as prácticas ilegais da industria e distribución, para a continuación recoñecer a situación de inferioridade e debilidade dos gandeiros diante dos grupos empresariais internacionais que se reparten o sector e o mercado lácteo. Neste sentido, a organización agraria esixe do presidente da Xunta, que poña orde e impida que Cañete e De Guindos sigan tomando aos produtores lácteos como reféns nas súas leas políticas.
UUAA sigue confiando no compromiso expresado por Núñez Feijoo de trasladar e defender en Madrid os acordos asinados o pasado 7 de decembro coas OPAS e a INLAC, e así llelo vai a trasladar a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, na reunión de seguimento do acordo prevista para o próximo venres 11 de decembro. Do mesmo xeito vai a esixir que se acelere a aplicacións dos mesmos –máxime vendo a actitude política que se traduce do informe da CNC- para consolidar a regulación da formación de prezos no leite.
Tal como ven denunciando desde hai meses UUAA, para reflotar o sector lácteo en Galicia non basta con exercicios de voluntarismo o chamado Código de Boas Prácticas para frear as grandes superficies que apostan pola política de prezos de miseria para os produtores galegos. Tampouco son plenamente útiles leis como a da Cadea Alimentaria nas non existe ningunha referencia a figura do mediador, clave para igualar a capacidade de negociación no mercado do leite. So desde un marco legal claro, completo e contundente se porá fin a mecánica de “venta a perdas” que a distribución francesa leva perpetrando con total impunidade para afogar ao sector produtor galego e quedarse con tada a cota de mercado.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.