A creba definitiva de Alimentos Lácteos supón o punto final dun fiasco no que a Xunta de Galicia ten responsabilidade política, económica e patrimonial, polo que UUAA apela a que as cooperativas acudan á vía xudicial para tratar de recuperar as fortes perdas as que se viron arrastradas na caída da firma instalada en Outeiro de Rei.
Logo de coñecer as declaracións do director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, nas que parece atribuir a caída de Alimentos Lácteos a fenómenos naturais e non ao intervencionismo que Xunta de Galicia perpetrou con interese partidario, o sindicato Unións Agrarias esixe unha acción decidida do presidente Feijoo que evite que centos de gandeiros queden na ruína polas débedas que a planta de Outeiro de Rei ten contraída con eles.
Máxime despois de coñecer o alcance dos chamados créditos participativos que Alimentos Lácteos lles cambiou as cooperativas por parte das débedas que a empresa mantiña con elas. Toda unha estafa que desde UU.AA. se cualifica como de “preferentes lácteas”. Neste sentido, desde o sindicato tense volto a instar a establecer un sistema de arbitraxe similar ó que favoreceu no caso dos produtos financeiros complexos que comercializaron as caixas de aforro galegas. Desde UUAA calculase que están atrapados nesta situación uns 800 gandeiros, moitos de eles residentes en A Pastoriza (Lugo), sede da cooperativa Gancobre.
A organización agraria lamenta que o goberno Galego despois de romper no seu día o proxecto que integraba as grandes cooperativas galegas por un cálculo unicamente partidista, vire de costas e se desentenda da sorte dunhas explotacións lácteas que se viron arrastradas na caída de Alimentos Lácteos
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.