Na reunión consensuaranse medidas para mobilizar á poboacción e sensibilizala dos graves problemas que atravesa o sector lácteo, despois de que as reunións coa Xunta e Ministerio non aportasen máis que vaguedades e propostas a medio prazo.
Os gandeiros están vendo como se levan o seu leite baixo ameaza de deixarllo de recoller e páganllo a prezos que non cubren costes de producción mentras a Conselleira relativiza o problema e se atreve a decir que a situación non é tan grave.
Ó mesmo tempo, vemos como outros países, como Francia, tendo un problema de prezos e rotura de mercado moito menores que nos, toman medidas eficaces para solucionar o problema con carácter urxente, poñendo 600 mill. de € e chegando a acordos coa industria e distribución para mellorar os prezos dos gandeiros.
É evidente que o esforzo que levan feito tantos anos os nosos gandeiros para convertirse en punteiros nun sector tan complicado, non está sendo acompañado por unha administración á altura das circusntancias.
Tendo en conta a situación , non temos outro remedio que movilizar a toda a sociedade, pedindo peche de comercios e mobilizacións de tractores ata que as administracións tomen medidas eficaces.
A proposta é facer unha concentración de tractores en Chantada ás 12 do 6 de agosto, no concello.
Os comercios pecharán en tódolos concellos de 12 a 14 horas.
Faráse unha marcha a pé ás 13 horas dende a feira ó Concello de Chantada, onde se leerá un manifesto reinvindicativo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.