O sindicato Unións Agrarias solicita a comunicación urxente aos gandeiros dos datos correspondentes ás sancións por supertaxa. Resulta necesaria e urxente a comunicación individualizada por parte das empresas recolledoras ás explotacións sancionadas, xunto cos importes a reter nas liquidacións.
Deste xeito débense liberan as retencións a conta do gran número de granxas, que a pesar de que non figuran entre as sancionadas, tiveron que alugar cota para cubrir esa posible incidencia e ademais teñen sen cobrar o leite de marzo e manteñen vivos avais bancarios para cubrir unha sanción que non se vai a producir, co que iso supón nun momento de afogamento económico como actual.
Por outra parte, e despois de coñecer a sabotaxe en Francia a unha cisterna que contiña nata procedente de España, o sindicato Unións Agrarias pide ás empresas transformadoras que prioricen a produción láctea española fronte ás importación de leite en po e produtos terminados de Francia. Esta acción suporá un alivio para a situación que atravesa o sector en Galicia e un xesto de compromiso para coa supervivencia do medio rural galego. Neste sentido, UUAA denunciará diante dos consumidores ás empresas que manteñan as importacións francesas.
Unións Agrarias fai un chamamento ao presidente da Xunta a que dunha vez lidere desde Galicia a posta en marcha dun programa de actuacións urxentes para frear o colapso da economía das comarcas leiteiras de Galicia. Sobre todo logo de coñecer, trala última reunión en Madrid, a falta de iniciativa que se percibe por parte dos responsables do Ministerio de Agricultura que seguen preferindo falar de futuro a resolver os problemas graves e urxentes que os atropelos de industria e distribución están a causar en Galicia. Por outra parte nada comparable á actitude do executivo francés para cos seus gandeiros xa que desde un inicio procurou solucións poñendo ao fronte a seu primeiro ministro.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.