A capital de Galicia acollerá hoy, venres 17 de xullo, unha mobilización histórica na defensa do mundo rural galego e do seu principal activo económico como é o sector lácteo. Polos datos que neste momento dispoñen as organizacións convocantes, son xa máis de 150 autobuses os que mañá se desprazarán a Santiago de Compostela grazas a colaboración e solidaridade en moitos casos dos gobernos e as corporacións municipais.
Neste sentido, xa teñen confirmado a súa asistencia a marcha polas rúas composteláns, un terzo dos alcaldes e alcaldesas de Galicia e arredor do 80% das corporacións municipais galegas contarán con representantes na mobilización. A importancia do sector lácteo en moitas das comarcas galegas –o 50% dos concellos galegos, teñen no leite o seu principal activo- supón que nestes momentos estean en xogo máis de 100.000 postos de traballo directa ou indirectamente vinculados a gandería. Por iso os alcaldes e representantes municipais manifestaranse xuntos, e a marxe das diferenzas partidarias, tras unha pancarta co lema “Os alcaldes galegos pola defensa do sector lácteo”.
As organizacións agrarias, esperan unha mobilización masiva e pacífica. Tódalas asembleas celebradas nas comarcas leiteiras, apuntan nesa dirección. Nelas os produtores que sofren a chantaxes e abusos de distribución e industrias, están atopando a solidaridade espontánea de todos os representantes sociais, políticos, empresariais, etc, que queren manter vivo o mundo rural de Galicia
A manifestación partirá as 12.30 H da explanada de Salgueiriños e continuará polas rúas: San Caetano, Anxo Casal, Rodriguez de Viguri, Concheiros, San Pedro, Casas Reais, Preguntoiro, Conga, para chegar sobre as 14.00 H a Praza da Quintana onde se procederá a ler o manifesto en defensa do sector lácteo galego por parte do xornalista Xabier Fortes.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.