• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

No Día da Loita Labrega, o SLG reafírmase na súa defensa da terra como recurso inviolable para alimentar a humanidade

Alimentación 18 Abr 2013 0

O Sindicato Labrego Galego, como membro da Vía Campesina, está a participar activamente na celebración do 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega, que conmemora a masacre de 19 labregos do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil en 1996.

Neste senso, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou na asemblea xeral da Coordinadora Europea da Vía Campesina, que se celebrou estes días en Fuerteventura coincidindo co 17 de abril; e congregando representantes de vinte organizacións de Escocia, Inglaterra, Noruega, Holanda, Alemaña, Bélxica, Austria, Suíza, Francia, Italia, Turquía, Romanía, Portugal, Galiza, Euskadi e outras comunidades do Estado Español. Esta foi só unha das accións que as organizacións da Vía Campesina estamos a desenvolver ou xa desenvolvemos en diversos países de África, América, Asia e Europa.1

Neste Día Internacional da Loita Labrega, as organizacións da Vía Campesina mantémonos firmes no noso compromiso de opoñernos á ofensiva internacional por parte dalgúns estados e multinacionais para expropiar e acaparar as terras que os labregos e as labregas levamos séculos traballando.

A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, explica que “o acaparamento das terras, por parte das multinacionais, é un fenómeno que se está a dar a escala global, con macroproxectos que buscan o lucro inmediato a costa de contaminar dun xeito irreversible os territorios nos que se asentan e empobrecer á maioría da poboación. Grandes proxectos mineiros, plantacións forestais, monocultivos dedicados á produción de agrocarburantes, etcétera, que contan, ademais, coa conivencia de gobernos corruptos que non dubidan en comprometer o medio ambiente, os ríos, os postos de traballo de miles de familias que -de xeito directo ou indirecto- vivimos da produción de alimentos, e mesmo a saúde das persoas”.

No caso de Galiza, Isabel Vilalba recorda que “a mina de ouro de Corcoesto, as minas de seixo da Terra Chá, a de feldespato da Limia ou calquera dos outros proxectos que ameazan as nosas comarcas, preséntanse como a panacea coa que se van crear miles de postos de traballo, co mesmo discurso que outras industrias contaminantes, mesmo as instalacións nucleares, utilizaron historicamente en países empobrecidos. Multinacionais como a norueguesa Erimsa ou a canadense Edgewater pretenden instalar en Galiza explotacións mineiras que de ningún xeito lles serían permitidas nos seus países de orixe, debido aos enormes impactos sociais e ambientais. Galiza é para estas multinacionais unha sorte de colonia, coa complicidade do goberno da Xunta, que non obriga a restaurar o terreo no que se asentan as explotacións mineiras, aínda que así o pon a lei; que acepta proxectos nos que ninguén se responsabiliza de balsas con miles de toneladas de produtos tóxicos, sen seguros que cubran os danos; e que mesmo no ano 2010 modificou a Lei do Solo para permitir os usos mineiros no solo de especial protección agropecuaria”.

Por iso, o Sindicato Labrego Galego, neste 17 de abril, denuncia a ofensiva das transnacionais e dos seus cómplices sobre o agro e sobre o futuro das nosas comarcas, e reafírmase no seu compromiso de seguir loitando pola protección da terra como recurso para producir alimentos, xerar postos de traballo vinculados á agricultura e sustentar o tecido socioeconómico do noso medio rural.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Unión de Uniones traslada al Parlamento Europeo sus enmiendas al paquete Ómnibus agroalimentario
Alimentación8 Jul 2026

Unión de Uniones traslada al Parlamento Europeo sus enmiendas al paquete Ómnibus agroalimentario

Nuevo peaje para camiones en Países Bajos: normas y diferencias
Alimentación2 Jul 2026

Nuevo peaje para camiones en Países Bajos: normas y diferencias

Bruselas abre la puerta al reciclaje químico para las botellas de plástico para bebidas
Alimentación1 Jul 2026

Bruselas abre la puerta al reciclaje químico para las botellas de plástico para bebidas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar