• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG rexeita as medidas publicadas hoxe pola UE para o sector lácteo e seguirá defendendo políticas comunitarias que garantan prezos xustos para o leite

Leche 2 Abr 2012 0

O Sindicato Labrego Galego quere amosar o seu rexeitamento ao paquete lácteo que vén de ser publicado hoxe, 30 de marzo, no Diario Oficial da Unión Europea, e que senta as bases para que os estados poidan obrigar a asinar contratos sen prezo ás explotacións; amais de imposibilitar que se poidan negociar os valores do leite de xeito colectivo e a través dunha interprofesional, ao crearse as organizacións de produtores e produtoras de leite (OPL). Medidas como as devanditas deixan ao sector lácteo totalmente en mans da industria, e supoñen a renuncia a crear mecanismos para que os produtores e produtoras de leite teñan prezos estables que permitan integrar as subas dos custes de produción.

Isabel Vilalba Seivane, das Executivas do SLG e da Coordinadora Europea da Vía Campesina, sostén que as medidas aprobadas no paquete lácteo “non achegan solucións aos problemas que orixinaron a crise do 2009. Os contratos que se propoñen responden os intereses da industria, e non aos intereses da parte produtora nin da consumidora; e as organizacións de produtores e produtoras (OPL) non van ter máis poder negociador se non hai unha regulación da produción”.

Para o Sindicato Labrego Galego, as únicas medidas que poden atallar a crise endémica que sofre o sector lácteo na Unión Europea e o peche de miles de explotacións cada ano, son tres:

1. Control público da produción e dos mercados como medio imprescindible para manter un equilibrio entre a oferta e a demanda, e para acadar uns prezos dignos, estables e remuneradores para as explotacións.

2. Negociación colectiva do prezo do leite a través de interprofesionais nas que estean representados todos os axentes do sector: explotacións, industrias, distribución, consumidores e consumidoras e administración.

3. Aposta por un modelo sostible a todos os niveis, que garanta a viabilidade das explotacións familiares; fronte á proliferación de grandes industrias de leite que concentran a miles de animais e usan un modelo insostible a nivel económico, social e ambiental.

De cara a avanzar nestas políticas, o Sindicato Labrego Galego presentou un recurso diante do Ministerio de Agricultura demandando que no Estado Español non se impoñan forzosamente os contratos sen prezo ás explotacións, so pena de que estas perdan as axudas da Política Agraria Común (PAC), pois sería un xeito de extorsionar aos produtores e produtoras e deixarlle ás industrias as mans libres para que impoñan os prezos que lle veña en gana e que, na Galiza, seguen a ser dos máis baixos da Unión Europea.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar