Unións Agrarias denuncia a constante perda de rendemento que están a sufrir as explotacións de porcino integrado de Galicia, que no último ano superaron os 8.750 euros de media para unha granxa tipo de 1.000 animais.
Esta caída nos ingresos ten a súa orixe na exixencia por parte das empresas integradoras de incrementar o peso dos porcos na recollida de de 90 a 105 quilos. Esta desviación supón a redución de 3 a 2,5 os cebos que se poden facer por ano, o que supón pasar de 21.000 a 17.500 euros a facturación media dunha granxa de 1.000 animais.
Para mellorar a situación dos gandeiros de porcino que traballan con integradoras é preciso por en marcha un contrato semellante ao existente no sector de avicultura de carne a nivel nacional ou ao modelo de contrato homologado de integración para a gandería en Cataluña no que se definan claramente as condicións técnicas e económicas e as responsabilidades de cada unha das partes da relación entre integradora e integrado.
Deste xeito as explotacións porcinas de Galicia contarían con seguridade xurídica en aspectos tan importantes como a duración dos ciclos produtivos, as garantías de pesaxe, os tempos de estancia dos animais en granxas, etc.
O sector de porco de ceba integrado en Galicia supón un volume de 377.000 animais e o 33% de toda a produción de porcina galega, sendo Pontevedra provincia na que se acada o máximo de produción con case 0 39% do total de Galicia. Síguelle Ourense co 25,95%, A Coruña co 20,08 e Lugo co 15,69%.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.