• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG oponse ás Directrices de Ordenación do Territorio da Xunta porque supoñen a aniquilación da Galiza labrega e rural

PAC España 20 Dic 2010 0

O Sindicato Labrego Galego expresa a súa frontal oposición ás Directrices Ordenación do Territorio (DOT) aprobadas provisionalmente polo Consello da Xunta de Galiza, o 16 de decembro, por supor unha agresión en toda regra á Galiza labrega e rural. Para o SLG, non se pode planificar o futuro de Galiza sen ter en conta ao sector agrario e o seu cometido fundamental: producir alimentos para a xente. Nembargante, as DOT que promove o Goberno da Xunta marxinan aos sectores agropecuarios e esquécense de definir o papel que ten que xogar o medio rural.

Así, propónsenos unha nova Galiza urbana e centralizada, cunha estrutura piramidal e xerarquizada. Estas directrices procuran concentrar á poboación nas grandes áreas, e potencian a desaparición das parroquias, das comarcas naturais e dos pequenos núcleos. Como consecuencia, tamén desaparecerán os servizos que se prestan á poboación dende a proximidade, tanto para as explotacións como para as persoas. Con todo isto, tamén se darán por desaparecidas as actividades primarias ligadas ao territorio. Ademais, concentrar a poboación e os servizos nos grandes núcleos levará a crear cidadáns e cidadás de primeira, segunda, terceira ou cuarta categoría segundo vivan, respectivamente, nun espazo metropolitano (Coruña e Vigo), nas tres grandes cidades restantes (Lugo, Ourense e Santiago), nun sistema urbano intermedio, ou fóra destes espazos.

Ocio, turismo, minería e enerxía en troques de agricultura e gandería

Semella que as Directrices de Ordenación do Territorio queren deixar o medio rural coma un espazo para actividades que teñan que ver co ocio, o turismo, a minería e a produción de enerxía; e non coa produción de alimentos. As DOT refírense ás actividades produtivas da agricultura e da gandería dicindo que a Xunta realizará estudos para identificar as zonas con maior valor agrolóxico; o problema é que serán os planeamentos urbanísticos de cada Concello os que definan os usos agrarios e gandeiros das zonas con maior produtividade. Deste xeito, queda claro que, neste novo deseño de País, dáse por desaparecida a actividade agraria ao non reservarse espazos para esta fin, nin deseñarse un plan sectorial para o seu desenvolvemento.

Alegacións contra as DOT pedindo a súa retirada

Fronte a estas DOT, o Sindicato Labrego Galego aposta polo dereito dos labregos e labregas a ocupar un espazo; a ter un futuro coa súa profesión que lles permita producir e vivir do seu traballo; e a xogar un papel na conservación e defensa da calidade do territorio, da paisaxe e do medio ambiente. O SLG loitará polo mantemento dos postos de traballo na agricultura, poñendo freo ao actual proceso de desaparición da explotación agraria familiar.

Por todo isto, o SLG xa presentou unha batería de alegacións pedindo a retirada destas DOT, e reclamando que se retome como base de traballo para a súa redacción o Plan de Comarcalización de Galiza; que manteñan a superficie agraria útil, mellorándoa até acadar polo menos un terzo da superficie total do territorio; e que garantan os servizos públicos de proximidade existentes no rural, fixando as bases para traballar na súa mellora.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Unión de Uniones pide más reformas tras el nuevo reglamento de cadena alimentaria
PAC España31 Jul 2026

Unión de Uniones pide más reformas tras el nuevo reglamento de cadena alimentaria

El FEGA cifra en 563.095 las solicitudes de la PAC 2026 y en 22 Mha la superficie declarada
PAC España28 Jul 2026

El FEGA cifra en 563.095 las solicitudes de la PAC 2026 y en 22 Mha la superficie declarada

¿Cuándo considera el FEGA que se han creado condiciones artificiales para cobrar la PAC?
PAC España27 Jul 2026

¿Cuándo considera el FEGA que se han creado condiciones artificiales para cobrar la PAC?

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar