Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Non ao plan de erradicación de produtores e produtoras: Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiada produción!

           

Non ao plan de erradicación de produtores e produtoras: Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiada produción!

21/09/2009

Fronte á cólera e ao desconcerto dos produtores e das produtoras, para quen destruír a súa produción de leite é un acto extremo, a Comisión Europea non atopou nada mellor que propoñer onte, mediante a intervención da comisaria Fischer no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, a eliminación das explotacións leiteira máis fráxiles.

Os últimos decenios de reestruturación permanente da agricultura europea (e da pesca), teñen demostrado que non é así como se reequilibran os mercados nin os recursos. A mesma produción concéntrase en cada vez menos explotacións, pero cada vez máis grandes, e cada vez máis industriais, e totalmente opostas ao modelo que precisamos para Copenhague (Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP 15) do 7 ao 18 de decembro) .

Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiado leite. Cómpre controlar a produción e regulala, coas seguintes medidas:

1.- eliminando o mercado de cotas que a Unión Europea pode adaptar as necesidades do mercado.
2.- fomentando modos de produción duradeiros.
3- establecendo dereitos de aduana lexítimos para acabar con toda forma de dumping (exportacións a prezos por baixo dos custos de produción).

A Coordenadora Europea Vía Campesina, pide que a penalización por sobrepasar a cota sexa obrigatoria e non se deixe á elección dos estados membros. Esta medida debe ir en paralelo co establecemento dun prezo que cubra custos e remunere o traballo e un reparto máis xusto das cotas. As cantidades obtidas non deben ser utilizadas para a chamada “reestruturación”, senón para axudar manter as pequenas e medianas explotacións.

A Comisaria propón derivar á reestruturación leiteira as cantidades asignadas no chequeo médico para «novos desafios». Isto é un sen sentido a varias semanas de Copenhague, cando os retos climáticos, enerxéticos e de biodiversidade deberían ser unha prioridade política.

A proposta de pasar dunha regulación pública a unha xestión privada da crise, baixo a fórmula de contratualización entre industrias, produtores e produtoras é un novo agasallo ás industrias leiteiras, que preferirán unha minoría de explotacións, as máis grandes, ás que lle ofrecerán mellores contratos.

A transparencia de marxe entre produción e distribución, e a súa limitación son unha necesidade. Nos últimos anos, viuse ben que a quen beneficia a volatilidade das cotizacións é á distribución.

A proposta dun «mercado a prazo» para o leite é unha proposta perigosa e, máxime cando a crise financieira xa ten amosado os perigos da especulación. Coa alimentación non se xoga.

A Unión Europea fai mal xogando con lume, fai mal xogando coas posíbeis tensións entre produtores e produtoras. A cidadanía comprende que o leite debe ser pagado no seu xusto valor e producido de maneira duradeira.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo