A pesar da unanimidade do sector lacteo galego, das mobilizacións e dos propios plantexamentos, alomenos de cara a fora, da propia Consellería do Medio Rural, o MAPA pretende publicar o decreto do Banco de Cotas mantendo os mesmos criterios que provocaron o forte rechazo sectorial. Deste xeito, a nosa organizaciónentende que a ministra Espinosa desoe e despreza aos gandeiros galegos ademais de incumplir a sua promesa de que o plan lácteo non se faría de costas a Galicia.
Para Xovenes Agricultores resultan inaceptables os criterios de reparto do 80% e do 20% con carácter puramente autonómico. O feito de que na práctica o 100% da cota abandoada nunha Comunidade Autónoma se teña que repartir dentro de esa Autonomia e soio se sobra pase a Reserva Nacional, significa condenar aos gandeiros galegos a non poder aumentar as suas cotas.
Dese xeito os galegos seguiremos tendo as explotacións con menor cota lactea de media por explotacion de España. Dese xeito aumentarán as desigualdades entre territorios e se fomentará que as grandes explotacións de outras Autonomías sexan aínda mais grandes.
Dende a nosa Organización queremos facer un chamamento as forzas políticas galegas e os deputados e senadores galegos en Madrid para que fagan, igual co sector, un frente comun para impedir que esta territorialización da cota láctea se materialice e se chegue mesmo a consolidar de cara ao futuro.
Santiago, 10 de outubro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.