O Ministerio de Agricultura carece dunha política específica e dun plan de futuro para o sector lácteo, segundo se desprende da xuntanza celebrada hoxe en Madrid coas organizacións profesionais agrarias á que nin sequera acudiu a directora xeral convocante. Por tal motivo, o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Pérez Miramontes denunciou a falta de interese e de respecto do Ministerio que claramente optou por abandonar o campo á súa sorte.
En opinión de Xóvenes Agricultores a incapacidade da titular do MAPA, Elena Espinosa, é de tal calibre que a dous meses do remate da actual campaña leiteira os gandeiros non coñecen ainda os datos sobre si se sobrepasa ou non a taxa de producción para o 2005-06. _Simplemente hoxe, tarde e mal, nos comunicaron que probablemente haxa supertaxa, ainda que inferior á do ano pasado_.
No que atinxe á baixada de prezos decretada unilateralmente pola industria, os representantes de Xóvenes Agricultores na xuntanza constataron que en Francia estase a pagar o litro a 2-3 céntimos máis, de tal xeito que tomando como referencia o mes de outubro, os prezos estaban un 4% máis barato en España ca no país veciño. En opinión de Miramontes, _a industria non ten, pois, xustificación nin se pode excusar nas importacións de leite para baixalo prezo. E o Ministerio, igual cas industrias, é cómplice e culpable porque se desentende do problema _só é intervencionista cando lle convén_ e contribue á ruina do sector_.
O dirixente agrario engadiu que _a desidia é tal que non saben para cando serán as cesións temporais; non saben si haberá ou non transferencia de cotas e ninguén lles informou sobre qué pasa co famoso Observatorio de Prezos de cuia creación andivo presumindo o Ministerio_.
Para Xóvenes Agricultores a ministra _que semella estar vivindo os seus últimos días no cargo_ vive no limbo despois de autoconvencerse de que co seu tristemente famoso Plan Lácteo do 2005 xa ten xustificada a súa actuación ó fronte dun departamento ministerial que claramente lle queda moi grande.
Por outra banda resulta sospeitoso que a decisión unilateral da industria de baixar o prezos coincida co anuncio, por parte do MAPA, de poñer en práctica un Plan de abandono do sector. Finalmente, a nosa organización opónse a que o MAPA nos queira impoñer o seu enésimo plan de calidade do sector lácteo. A única diferencia nesta ocasión, estriba en que son os gandeiros quen o financian ó 100% do plan a través do desconto do 10% da prima láctea.
Santiago, 31 de xaneiro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.