• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Xóvenes Agricultores lamenta que se pretenda enganar e meter medo ós gandeiros en relación a este tema

           

Xóvenes Agricultores lamenta que se pretenda enganar e meter medo ós gandeiros en relación a este tema

02/04/2004

Xóvenes Agricultores lamenta que, unha vez máis, se queira meter medo e enganar ó gandeiro, a propósito das mobilizacións convocadas por Unións Agrarias en protesta contra os novos mecanismos para asegura-la trazabilidade do leite postos en marcha nesta campaña. Con argumentos ficticios preténdese crear unha polémica que non existe e que non comparte a inmensa maioría dos productores lácteos de Galicia, xa que o control dos movementos do leite é algo que levan reclamando dende hai moitos anos e que vai claramente no seu beneficio.

Dende a nosa organización consideramos moi triste que se convoquen manifestacións con falsos pretextos que non responden á realidade do sector lácteo galego. Un exemplo diso é que se diga que as novas medidas van a prexudicar ás explotacións que non teñen ordenadores, cando o certo é que a norma só obriga a ter ordenador a 121 explotacións galegas, que terán que comunica-los datos directamente ó Ministerio de Agricultura. Estas explotacións supoñen unicamente o 0,58% dos productores galegos e o 6% da cota láctea da Comunidade Autónoma. E esas granxas xa teñen todas ordenador.

Os restantes gandeiros galegos non teñen ningunha obriga de informatiza-las súas explotacións, xa que a comunicación das súas entregas de leite faraa directamente a industria. Polo tanto, tampouco é verdadeiro o argumento de que se vai a burocratizar máis ó gandeiro, que soamente terá a obriga de conserva-los recibos que lle entreguen cando o camión cisterna recolla o leite na súa explotación.

En todo caso, chama poderosamente a atención que unha organización agraria de Galicia se opoña a algo que os productores lácteos levan anos reclamando, como é un recibo que deixe perfectamente claro as cantidades e as condicións do leite que entrega. E resulta aínda moito máis curioso que esa organización, representada a nivel nacional pola UPA non realizara ningún tipo de queixa respecto a estas novas normas de trazabilidade cando o Ministerio lle pediu a súa opinión.

Ante estes movementos, a Xóvenes Agricultores éntralle a dúbida de cales son realmente os intereses que defende Unións Agrarias, se os dos productores gandeiros de Galicia, ou os dos intermediarios, que son os realmente afectados pola nova lexislación. Levamos anos protestando polas actuacións duns intermediarios que distorsionaban o mercado pagando pouco ós gandeiros e cobrando moito ás industrias, e agora que se toman medidas neste sentido, hai quen se opón e pretende que este tema da recollida do leite siga manténdose no escurantismo.

En Xóvenes Agricultores estamos convencidos de que as novas normas, que pretenden facer un rigoroso control dos movementos do leite, son beneficiosas para o sector lácteo galego. Isto permitiranos xogar a todos coas mesmas regras de xogo e coñecer con claridade a orixe propia ou foránea do leite. E, en todo caso, non debe misturarse esta cuestión coa dos prezos, porque non ten nada que ver, malia que algúns, na súa estratexia da confusión, queiran xunta-lo todo para facer máis efecto sobre un sector tan sensible coma o lácteo.

Somos conscientes de que en Galicia, como noutros lugares, haberá explotacións que teñan dificultades para adaptase ás novas esixencias de trazabilidade. Por iso, en Xóvenes Agricultores traballamos para que esas granxas poidan chegar a eses parámetros. Esa debería se-la verdadeira loita neste tema, e non a de poñer trabas á calidade, á seguridade e ó funcionamento do sistema de cotas, porque, máis alá do impacto mediático do momento que pretenden algúns, isto é ir en contra dos propios gandeiros galegos.

Por último, lamentamos que os convocantes das mobilizacións pretendan atribuírse tamén a participación das cooperativas galegas nas mesmas, cando estas negan tal seguimento, porque ningúen mellor que elas coñecen os beneficios que, para os seus asociados, supoñen as novas medidas de trazabilidade.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Nuria Mª Arribas: “InLac está comprometida con la sostenibilidad social, económica y medioambiental” 28/10/2025
  • Visto bueno de Bruselas a la compra de Milcobel por FrieslandCampina 24/10/2025
  • Unión de Uniones celebra la paralización de la macrogranja de Noviercas por el Tribunal Supremo 23/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “Aunque el 98% de los hogares consume lácteos, solo el 45% alcanza las tres raciones diarias recomendadas” 21/10/2025
  • Salud del rumen: Un factor crucial para la productividad y el bienestar de las vacas 15/10/2025
  • ¿Cómo se encuentra el mercado mundial de la leche? 13/10/2025
  • El precio medio de la leche en Europa baja un 0,7% en agosto, aunque sigue más alta que el año pasado 07/10/2025
  • InLac anima a consumir tres lácteos al día con la campaña “Cuenta con los lácteos europeos” 07/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo