Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Ganadería / UUAA alerta da caída dun 20% na produción de erba

           

UUAA alerta da caída dun 20% na produción de erba

28/04/2017

Unións Agrarias alerta da preocupación no campo pola incerteza ante a falta de precipitacións que se ven acumulando dende este outono e a súa posible incidencia no verán, así como se alertou dos problemas de descenso de produción na erba, e a incerteza ante o inicio da campaña da sementeira do millo.

O máis grave da situación é que pon en evidencia que en Galicia non están desenvoltos os mecanismos precisos para facer fronte a unha situación de seca no campo. Os seguros agrarios que son o principal mecanismo de protección de renda de agricultores e gandeiros, non están adaptados ao calendario nin as producións forraxeiras galegas. O período de contratación está descompasado coas producións, a forma de avaliar os sinistros non se adecúa ás producións forraxeiras galegas, e existe un déficit de axudas públicas para a contratación dos seguros, que pasaron de 7,8 millóns de euros por parte da Xunta en 2008, aos 4.6 millóns de euros da pasada campaña do 2016.

Unións Agrarias chama a atención sobre o feito de que aínda non existindo unha situación de seca hidrolóxica (problemas de abastecemento de auga e descenso do nivel dos encoros), sí existe xa un problema de seca agronómica, pois xa se trasladaron problemas de descenso de produción por falta de auga, como é a práctica imposibilidade de facer o segundo corte de erba no presente mes en condicións normais de produción ( o que en moitas explotacións de carne e leite supón xa un 20% menos de alimento para o gando), e unha crecente incerteza sobre o comezo da campaña de sementeira do millo se non chegan as choivas nas próximas dúas semanas. O que ademáis ven de alterar o calendario produtivo e as previsións de acceso ao alimento para o gando da maior parte das explotacións.

Hai unha crecente necesidade de precipitacións no campo para afrontar a campaña de produción pero tamén para repoñer o nivel dos acuíferos de cara os meses de verano, sen que se adianten as secas de fontes que abastecen de auga as explotacións gandeiras.

Unións Agrarias pide da Xunta de Galicia que a curto prazo axilice e flexibilice a aplicación dos procedementos para que as explotacións que teñan problemas de abastecemento poidan ter solución inmediatas a solicitudes exprés de acceso a auga, mediante a apertura de pozos de emerxencia, ou mediante a autorización de captar augas superficiais en cisternas.

Asemade pide a revisión das axudas públicas para a contratación das liñas de seguros agrarios, de forma que se recupere a porcentaxe de axuda que as faga rendibles para os agricultores e gandeiros, e que reclame de ENESA (Entidade Nacional de Seguros Agrarios) as adaptacións precisas das coberturas de risco e calendarios de contratación para que sexan de aplicación real nas condicións agronómicas de Galicia, tan diferentes das de Andalucía ou o Mediterráneo en xeral.

Igualmente que no plan de pre alerta se teña en conta a seca agronómica, e non só a hidrolóxica, e se poñan en marcha liñas de compensación de perdas de forma inmediata (axudas directas, préstamos, bonificación de cotas da Seguridade Social), si a chuvia non chega e a situación continúa empeorando no campo galego segundo avanzamos cara o verán.

As secas en Galicia viñan tendo un período de recorrencia aproximado de 10 anos (1976, 1989, 1996, 2006) pero se están acurtando os prazos entre secas (2012, 2016) e no caso do campo presentan novas modalidades, como as secas de primavera en non só estivais. Todo indica que a situación se agravará nos próximos anos por efecto do cambio climático, o que indica a necesidade de planificación e toma de decisión estruturais por parte das Administracións Públicas, para estar preparados e poder garantir a sustentabilidade do campo e o mundo rural galego.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • ¿Qué factores hacen que la lengua azul sea una enfermedad tan compleja de erradicar y de comprender? 18/09/2025
  • Unión de Uniones reclama mantener el apoyo a la vacunación frente a la lengua azul 18/09/2025
  • De la moda al campo: la joven ganadera Blanca Tomás impulsa un proyecto sostenible y turístico en la Vall d’Albaida 17/09/2025
  • El Plan de Gestión del Lobo en Cantabria recibe 164 alegaciones 17/09/2025
  • Unió de Pagesos pide aumentar los baremos de indemnización por daños de fauna protegida en ovino, caprino y vacuno 17/09/2025
  • Lengua azul en Mallorca 16/09/2025
  • La justicia obliga a la Ministra holandesa de Agricultura a publicar los datos de emisiones ganaderas 15/09/2025
  • Detectado un caso de lengua azul en Huesca en una explotación vacunada 15/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo