• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

LACTALÍS mentres anuncia subas en Francia mantén os prezos mais baixos de todo o Estado e dos mais baixos de Europa na Galiza.

Leche 27 Jul 2017 0

En datas pasadas a empresa Lactalís, anunciaba os gandeiros franceses subas considerables no prezo do leite, concretamente falábase dunha cifra de 0,36 euros/litro no mes de setembro. A importancia desta suba, ten un especial interese no sector lácteo galego, non estamos a falar de calquera industria, senón que o grupo Lactalís a día de hoxe, e primeira industria galega por volume de recollida. Este grupo argumentaba esta suba como consecuencia das importantes subas que se están a dar nos mercados mundiais, pondo como exemplo que o prezo da manteiga subiu case un 100% no último ano.

Desde a Federación Rural Galega – FRUGA consideramos que calquera aumento do prezo do leite e derivados que se produza a nivel mundial ten que traducirse inmediatamente nos prezos que perciben as explotacións lácteas galegas. A día de hoxe cobramos o prezo mais baixo do estado español, e dos prezos mais baixos da Unión Europea, dándose a circunstancia de que existen empresas que pagan mais o leite noutros puntos do estado que na propia Galiza. A produción láctea galega serve en parte para facer cadrar os balances das industrias, castigando a produción láctea galega a cambio de aplicar subas noutras partes do estado ou da Unión Europea. A industria Lactalís aínda non dixo nada, de como vai repercutir esa suba que anunciou en Francia nas explotacións galegas, si é que realmente ten previsto aplicala no noso país.

FRUGA entende, que este tipo de prácticas están a amosar o mais absoluto fracaso da Xunta de Galicia, no que se refire o sector lácteo. Os sucesivos gobernos de Feijoó foron incapaces de conseguir unha industria forte neste país, o cal derivou en que a día de hoxe o principal recolledor de leite en Galiza sexa un operador francés. Exemplos como Alimentos Lácteos, son un espello do que realmente foi o papel da administración autonómica na consolidación dun gran grupo lácteo galego.

Os gandeiros galegos, temos os mesmos dereitos que o resto de gandeiros da Unión Europea, e non vemos ningún tipo de razóns para que as subas repercutan noutras estados e en Galiza non. A Consellería de Medio Rural esixímoslle que tome cartas no asunto, e que poña en marcha a Mesa do Leite, para que evitar todo este tipo de discriminacións que sufre o sector lácteo galego.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar