• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG: A Consellaría de Medio Rural certifica o seu desmantelamento coa perda de 56 millóns de fondos europeos para agricultura

Desarrollo rural 8 Jul 2016 0

Tras coñecer as cifras definitivas da execución do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2007-2013, Galiza confirma o seu suspenso ao perder case 56 millóns de euros de fondos europeos que deixou sen gastar. E iso a pesares de ter tido un prazo adicional de dous anos máis para poder executalos. A cifra elévase a 74 millóns de euros se temos en conta que, a estes cartos de Bruxelas quedaba por engadirlle a parte que lles corresponde poñer á Xunta e ao Ministerio de Agricultura.

O PDR 2007-2013 para Galiza contaba cunha asignación de 888.801.564 euros do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural). Deses cartos que tiña para gastar, Galiza executou o 93’71% (832.855.187 euros), polo que deixou sen executar 55.946.377 euros. Desta maneira, Galiza está entre as seis comunidades do Estado que non chegan á media de execución do PDR, xunto a Madrid, Andalucía, Estremadura, Baleares e Valencia.

Para o Sindicato Labrego Galego, trátase dunha perda de cartos inxustificable no contexto de crise actual no agro, xa que estes cartos empréganse en catro eixes fundamentais para o medio rural: modernización de explotacións, incorporación de mozos e mozas ás actividades agrogandeiras, ordenación do territorio e melloras na produtividade da industria agroalimentaria e forestal.

Dende o SLG, denunciamos que esta perda de fondos europeos é consecuencia directa dos recortes e desmantelamento da Consellaría de Medio Rural, que cada vez ten menos capacidade de xestión. Un dato que corrobora isto é que en outubro de 2015, cando quedaban só tres meses para que expirase o derradeiro prazo para executar estes fondos (31 de decembro), a Medio Rural aínda lle quedaban por gastar 153 millóns de euros, o 17’4% dos cartos.

Dentro desta dinámica, nos últimos tempos vemos como moitas liñas de traballo que desenvolvía a Consellaría de Medio Rural deixaron de realizarse, ou se optou por criterios moi lesivos para as persoas produtoras por non poñer a administración os medios necesarios para tramitar os expedientes. Por desgraza, temos demasiados exemplos disto: na tramitación da PAC, impúxose por sistema que en amplas zonas do territorio a superficie de pasto admisible fose cero, sendo logo a persoa administrada a que tiña que probar que non era así; varios programas de apoio deixaron de convocarse, como os de asesoramento técnico ás producións vexetais e á viticultura; alegacións e recursos que non se responderon, como os do SIXPAC do ano 2015, levaron á xente afectada a unha situación de indefensión total; redución drástica de persoal na maioría das oficinas agrarias comarcais, nas escolas de capacitación e nos centros de investigación como o de Mabegondo; a falta de desenvolvemento do anunciado Plano de Fortalecemento do Sector Lácteo e outros sectores nunha situación crítica, etcétera.

Neste contexto, a perda de 56 millóns de euros do PDR 2007-2013 era algo previsible, como previsible será, de seguirmos na actual dinámica, que se volva perder unha cantidade inxente de recursos financeiros no actual PDR 2014-2020.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Seguridad Social agiliza el cese de actividad para autónomos afectados por incendios
Desarrollo rural31 Jul 2026

Seguridad Social agiliza el cese de actividad para autónomos afectados por incendios

Formar al agricultor para el frente del incendio, el plan de ARAG-ASAJA
Desarrollo rural29 Jul 2026

Formar al agricultor para el frente del incendio, el plan de ARAG-ASAJA

Cien municipios valencianos, en el trazado del corredor de hidrógeno
Desarrollo rural24 Jul 2026

Cien municipios valencianos, en el trazado del corredor de hidrógeno

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar