Xóvenes Agricultores reclama a urxente convocatoria da Mesa do Leite diante das intencións manifestas da industria de baixar catro pesetas en litro o prezo do leite, nas facturacións de xaneiro e febreiro. Dase a circunstancia de que algunhas industrias xa queren aplicar a rebaixa sobre as contas de decembro e que outras amenazan con baixar o prezo en 5 pesetas litro. A nosa organización esixe que na Mesa do Leite se dean as explicacións pertinentes e que se adopten as medidas necesarias.
Xovenes Agricultores non entende como subindo o prezo do leite ó consumidor se lle pode baixar ó productor. Tampouco admite como excusa para a rebaixa o feito de que se aumentaran as importacións, porque en todo caso sería unha pequena porcentaxe de leite a que intervise no proceso.
Así mesmo gustaríanos que a Conselleria do Medio Rural ou o presidente da Xunta explicase como é posible que a Cantabria lle concedan 4.000 toneladas máis de cota fora do Plan Lácteo e a Galicia no lle dean os cartos que lle corresponden polo pago adicional da prima láctea, polo incremento de cuota correspondente ás compras realizadas polos gandeiros galegos ó Fondo de Cotas e ó reparto da reserva.
De feito, non nos parece correcto que cobren ese diñeiro Comunidades Autónomas nas que os seus gandeiros apostaron por abandonar o sector, mentres que os que invertiron do seu peto para continuar non reciban o que Europa dixo que lles correspondía. Xovenes Agricultores, que estima isa perda en 20 millóns de euros (3.300 millóns das antigas pesetas) cree que como fixo Cantabria ó mandar ó seu presidente cunha lata de anchoas ata conseguir unha cota extra, tamén deberían os nosos representantes galegos a presionar diante do presidente Zapatero ata conseguir o que en xustiza nos corresponde.
Santiago, 4 de xaneiro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.