Os gandeiros galegos deixarían de percibir 2,5 millóns de euros se a industria leva a cabo a baixa de 1,2 céntimos de €, que está a anunciar para o leite entregado no mes de marzo, segundo as estimacións de Xóvenes Agricultores. Neste momento o prezo que reciben os productores é de 0,30 €, e a industria pretende situalo por debaixo de 0,29 €.
Esta baixa do prezo do leite dun 4% non se entende, cando os mercados europeo e mundial están á alza, en Francia subiu o leite nos primeiros meses deste ano, e os excedentes lácteos rebaixáronse de forma moi importante.
Os devanditos datos veñen a demostrar que a industria galega pretende claramente impoñer unilateralmente unha decisión cando o mercado mundial vai noutra dirección, coa única razón de peso de que “como sempre baixou no mes de marzo, este ano tamén”, argumento máis ben propio dunha cantiga de entroido.
Dende Xóvenes Agricultores esiximos un mínimo de seriedade da industria, e insistimos en que non imos consentir decisións caprichosas e sen ningún sentido. Nesa dirección faremos todo o que estea nas nosas mans para impedir unha nova tomadura de pelo da industria aos gandeiros da nosa comunidade.
Doutra banda, instamos á Consellería do Medio Rural a que non permaneza impasible ante ista situación de clara imposición da industria, e poña a funcionar os medios ó seu alcance, Mesa do Leite incluída, para evitar que moitas explotacións galegas, que acaban de asumir unha importe incremento nos custos de producción con subas do penso e coa compra de cota ó Ministerio de Agricultura, se vexan abocadas a unha situación difícil, que o único que conseguiría é que o abandono do rural fora cada vez maior.
Santiago, a 8 de marzal de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.