En Xóvenes Agricultores non entendemos como é posible que a Consellería de Medio Rural xa se puxese en contacto con matadoiros, tratantes, transportistas e colexios de veterinarios para falar das vacas dos gandeiros, pero non pediu a opìnión dos propios afectados nin dos seus lexítimos representantes, que son as Organizacións Profesionais Agrarias.
O benestar animal é un preocupación dos cidadáns europeos, preocupación que os gandeiros galegos non pasan por alto porque queren o mellor trato para os seus animais á vez que cumpren coa normativa ao respecto. Agora ben ao que non están dispostos é a cargar co morto é levar sobre as súas costas toda a responsabilidade da cadea alimentaria.
Entendemos que cando o animal está na granxa, a responsabilidade sexa do gandeiro pero no momento de poñer o pé fora habería que empezar a delimitar responsabilidades, cousa que non se está a facer. Mesmo acontece que se os animais rompen unha pata no transporte ou no matadoiro as responsabilidades recaen sobre o gandeiro, mesmo se non estivo presente no seu manexo.
Outro tanto pasa cando unha res se accidenta na explotación e a declaran como inservible para consumo humano. O que acontece nestes casos é que se procede á eutanasia e a simple destrución do animal porque non hai un mecanismo, nin público nin privado, que valore ese animal; que aínda que non entre na cadea alimentaria, si podería dárselle algún uso ou tirarlle algún proveito.
Porque ao sacrificar na casa a res ferida, o gandeiro ten que pagar un veterinario e un servizo de retirada e, por riba, a final de ano encareceselle o seguro. Gastos que non tería que asumir si a res se lle retirara por un organismo oficial ou o propio matadeiro.
Santiago, 21 de xuño de 2007-06-14
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.