• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Técnicos do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e da Universidade de Santiago colaborarán para coñecer as posibles causas da mortandade da ameixa fina nesta zona e así poder evitala

Acuicultura 21 Sep 2007 0

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2007.- O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Universidade de Santiago de Compostela
(USC) para a realización dun proxecto de investigación sobre o “Estudo dos factores ambientais e posibles patóxenos que afectan ao cultivo de ameixa fina (Ruditappes decussatus) na Ría de Pontevedra”. O obxecto deste protocolo, que terá unha duración de tres anos, é regular a colaboración entre ambos os dous organismos para o desenvolvemento do
estudo. Para este fin, o departamento de Pesca destinará un total de 147.017 euros.

As ameixas posúen unha carga importante de bacterias, algunhas delas potencialmente patóxenas, que poden podrecer en condicións adversas e afectar á supervivencia da súa poboación pouco antes de chegar á talla mínima de captura establecida por lei. É por isto que o principal obxectivo deste estudo é o de detectar os patóxenos potenciais que
afectan ao devandito molusco, así como os parámetros medioambientais que oidan influír no seu crecemento e supervivencia.

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), responsable desta acción de investigación, é un dos organismos dependentes da Consellería de Pesca encargado das funcións relativas á actividade investigadora, oncretamente as referidas ás áreas de Procesos Oceanográficos Costeiros, Recursos Mariños, Acuicultura e Patoloxía. Para levar a cabo este proxecto, o CIMA contará coa colaboración do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da USC, que dispón de investigadores e medios técnicos axeitados que, sumados aos que xa dispón a Consellería, permitirán a correcta consecución dos obxectivos marcados.

A través deste estudo procurarase mellorar o coñecemento do estado sanitario actual dos cultivos e das bacterias presentes nos mesmos, deseñaranse métodos de diagnóstico máis rápidos e específicos e estudaranse outros patóxenos parásitos como o Perkinsus e o Haplosporidium. Tamén se incidirá no coñecemento dos factores ambientais
das zonas de cultivo, relacionándoos cos límites de tolerancia das ameixas e dos posibles patóxenos atopados.

Deste xeito, Pesca e a USC centrarán os seus esforzos no coñecemento da situación sanitaria do cultivo de ameixa na ría de Pontevedra e no desenvolvemento de métodos de diagnóstico e detección máis áxiles. Estes aspectos serán de grande utilidade permitindo, ademais de coñecer as causas da mortandade, adoptar medidas preventivas que impidan a
propagación bacteriana entre as diferentes zonas.

Dentro deste proxecto de investigación, a Universidade compostelá encargarase da realización de mostraxes mensuais de ameixa fina, do procesado de mostras para análises microbiolóxicas, levará a cabo ensaios de patoxenicidade dos principais grupos de microorganismos detectados nas mostraxes, analizará os resultados obtidos e participará na preparación de artigos e comunicacións a congresos.

Nacemento do proxecto

A acción de investigación que levará a cabo o CIMA, coa colaboración da USC, xorde a raíz dos contactos previos que a Consellería de Pesca mantivo coas confrarías de pescadores da Ría de Pontevedra, que manifestaron a súa preocupación polos importantes episodios de mortandade que ultimamente está a sufrir este molusco pouco antes de chegar ao
tamaño mínimo establecido por lei.

En Galicia o cultivo de moluscos bivalvos é de grande importancia económica xa que está solidamente establecido e presenta un mercado consolidado. Así mesmo, é de destacar a importancia que a ameixa fina supón para a economía dos mariscadores, dado o alto valor económico que alcanza nas vendas.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Acuicultura26 Mar 2025

Castilla y León destina 11 M€ a modernizar la acuicultura de interior

Navarra ayuda a impulsar las inversiones en acuicultura
Acuicultura14 Jun 2024

Navarra ayuda a impulsar las inversiones en acuicultura

El delta del Ebro sería un lugar ideal para el cultivo industrial de algas
Acuicultura12 May 2022

El delta del Ebro sería un lugar ideal para el cultivo industrial de algas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar