Xóvenes Agricultores quere manifestar a súa preocupación diante do posible da folga de transporte, habida conta de que o primeiro sector que pode sufrir as consecuencias é o lácteo. Dado que os productores teñen unha capacidade de almacenaxe media de 1,5 días, e de que as empresas lácteas necesitan tamén sacar os seus productos ao mercado, a situación pódese complicar en poucos días.
O resto dos sectores gandeiros tamén poden sufrir rápidamente os prexuízos dun paro no transporte. Especialmente as explotacións intensivas de polos, porcos, coellos, cebadoiros de vacún, etc., que non poden quedar desabastecidas xa que eso suporía rachar o ciclo alimenticio dos animais.
As produccións hortofrutícolas, as adegas e viticultores, o mesmo que a recollida de forraxe poden quedar en suspensión se o conflicto do transporte agrávase e non temos subministro de materias primas, gasóleo…
Polo demáis, Xóvenes Agricultores entende perfectamente as reivindicacións dos transportistas, ao igual que as do sector da pesca. Entre outras razóns porque o prezo de gasóleo agrícola encareceuse no último ano en preto dun 40 por cento. Se en maio de 2007 se pagaba 0,63 euros o litro de gasóleo, hoxe custa xa ao redor de 1 euro.
O conxunto das explotacións agropecuarias de Galicia tiveron que soportar un incremento de custos só por este concepto respecto a 2007 de preto de 100 millóns de euros
Dada a grave situación de crise que vive o sector agrario, esiximos da Administración que adopte urxentemente as medidas necesarias para solucionar os conflictos nos que nos atopamos.
Santiago, 6 de xuño de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.