• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Alimentación / Alimentación / Etiquetaxe de produtos supostamente galegos: unha burla para o noso país

           

Etiquetaxe de produtos supostamente galegos: unha burla para o noso país

16/03/2010

Na proposta de etiquetaxe realizada pola Consellaría do Medio Rural o pasado venres 12 de marzo, no marco da Comisión Permanente do Consello Agrario, a catalogación “FEITO EN GALICIA” non só se lle porá á materia prima producida na Galiza, senón que aquelas empresas que teñan razón ou sede social eiquí, polo tanto que elaboren, transformen ou comercialicen no país, xa terían dereito a empregala.

Na mañá de hoxe Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, denunciou en rolda de prensa a grave fraude para produtores/as e consumidores/as que suporá esta proposta de etiquetado de produtos supostamente galegos.

Co voto particular en contra do SLG, mais co voto favorábel das outras organizacións agrarias e da CMR, autora da proposta, aprobouse o pasado 12 de marzo unha iniciativa que pretende aproveitarse do prestixio dos produtos galegos, arestora fortemente lexitimados no mercado en base ao bon facer histórico do noso sector produtor, das características produtivas propias da nosa terra e dun cada vez maior sentimento de valoración e apoio por parte dos consumidores e consumidoras á produción e ao medio rural da Galiza.

A Consellaría do Medio Rural vén de poñer sobre a mesa un proxecto que se burla dos consumidores e consumidoras ao tentar confundir mediante unha etiqueta os produtos feitos con materia prima propia do país con aqueles feitos con materias primas de calquera latitude, xa que levarían a mesma identificación.

Polo tanto, se temos mel da China, con noces de California, envasado por unha multinacional que ten a industria instalada en Viana do Bolo, xa poderiamos dicir que é produto “ELABORADO EN GALICIA”.

Estas medidas dinamitan, polo tanto, unha personalidade produtiva construída polos nosos labregos e labregas ao longo dos séculos, unha sorte de valor engadido presente nos nosos produtos, que en troques de ser potenciado para axudar ao mantemento dun tecido produtivo e un mundo rural vivo neste país, vén de ser agora secuestrado e deturpado por unha proposta comercial que cede de balde todo o noso prestixio a aquelas empresas instaladas agora ou no futuro no noso territorio.

Carme Freire Cruces cualificou de “desfachatez” (2) a actuación da Consellaría do Medio Rural “ao deixar en mans de calquera tipo de industria, galegas ou multinacionais, a posibilidade de comercializar con esta calidade”, ao tempo que de cara á opinión pública a CMR argumenta a defensa da agricultura e gandaría galega, apostando na realidade pola súa destrución, mediante accións de confusión no mercado das cales é bon exemplo esta medida de etiquetaxe proposta.

Os produtores e produtoras do Sindicato Labrego Galego iniciamos unha campaña de denuncia na que procuraremos a complicidade de toda a sociedade, ao tempo que barallamos a posibilidade de iniciar accións legais que bloqueen esta tentativa de confusión.

Para o Sindicato Labrego Galego, a única proposta de etiquetaxe válida, e que así foi trasladada a CMR o pasado venres, catalogaría como produtos “FEITO EN GALICIA” somentes aqueles que, frescos ou transformados, empregan unicamente materias primas criadas ou cultivadas na nosa terra.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre ALIMENTACIÓN

  • Aumenta la concienciación de los europeos sobre la seguridad alimentaria 25/09/2025
  • Es tiempo de cuidarse (X. Iraola) 22/09/2025
  • ¿Cuáles cree que son los alimentos que más ha subido en los super en septiembre? 19/09/2025
  • Competencia quiere ser consultada en las normas vinculantes de indicaciones geográficas 18/09/2025
  • Aragón celebra la 1ª edición de Premios Agroalimentarios 11/09/2025
  • NOJA, salsa de algarroba ganadora de los Premios Ecotrophelia España 2025 11/09/2025
  • El “Queso de Burgos” obtiene la Indicación Geográfica Protegida 11/09/2025
  • La falsa seguridad en las fronteras europeas: solo el 0,0082 % de los productos importados son inspeccionados 10/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo