• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Política agraria / PAC / Mobilización por unha Política Agraria Común (PAC) para as labregas/os e a sociedade

           

Mobilización por unha Política Agraria Común (PAC) para as labregas/os e a sociedade

26/04/2010

El venres 23 de abril, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, anunciou a realización dunha mobilización europea convocada pola Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte, con motivo do cumio de ministros e ministras de agricultura que terá lugar en Mérida o vindeiro 30 de maio.

A actual situación de desfeita e peche das explotacións motivada pola baixada de prezo de tódolos produtos, ten responsábeis concretos: os ministros e ministras de agricultura que sosteñen a aplicación da actual política agroalimentaria europea, deseñada á medida das transnacionais e non dos labregos e labregas nin da sociedade.

Estas persoas, responsábeis da elaboración dos marcos de regulación da produción de alimentos en Europa, están a deseñar arestora unha nova reforma da Política Agraria Común para aplicar a partires do 2013. Coma parte deste proceso, o vindeiro 30 de maio as ministras e ministros de agricultura europeos reuniranse en Cáceres

O Sindicato Labrego Galego, canda outras organizacións integrantes da Coordenadora Europea Vía Campesina tanto a nivel estatal (Coordinadora de Organizacións Agrarias y Ganaderas-COAG, Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna-EHNE, etc.) coma europeo, e en resposta á convocatoria desta, estará presente en Extremadura para reclamar unha política agraria que permita aos labregos e labregas prezos polos seus produtos, que cubran custos de produción e traballo ao tempo que garantan á sociedade produtos asequíbeis e de calidade para poder alimentarse a diario.

As organizacións pertencentes á Coordenadora Europea Vía Campesina loitaremos por facer entender aos ministros e ministras que non hai futuro para as labregas e labregos se seguimos polo camiño de liberalizar os mercados e a produción, ao igual que non hai un futuro de calidade para a cidadanía en xeral se deixamos en mans das multinacionais o poder de controlar a alimentación.

Dende o SLG, e coma CEVC, convocamos a tódalas persoas, non só labregas e labregos, loitar conxuntamente por unha outra Política Agraria Común, que garanta prezos e transparencia ao longo de toda a cadea alimentaria, limitando as marxes de beneficio da distribución e a transformación, e garantindo alimentos sans para a cidadanía.

O mantemento dunha agricultura labrega, social e sustentábel ten que ser a base da nova Política Agraria Común (PAC) 2013, e os ministros e ministras de agricultura son quen teñen a responsabilidade de levar este traballo adiante. O vindeiro 30 de maio en Cáceres terán que escoitar a nosa voz.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC

  • Von der Leyen advierte que los retrasos en la aprobación del MFP traerán consecuencias negativas 13/11/2025
  • UPA reclama una reforma profunda de la PAC ante los ajustes planteados por la Comisión Europea 13/11/2025
  • Acuerdo en la UE para simplificar la actual PAC: ¿qué se ha acordado? 12/11/2025
  • La maratón de Hansen 12/11/2025
  • ASAJA denuncia el “maquillaje político” en la revisión del Marco Financiero Plurianual 2028-2034 12/11/2025
  • La futura PAC y el presupuesto europeo son “puro humo” según el Copa-Cogeca 11/11/2025
  • La “C” de la PAC “se hace más grande”, según Hansen 06/11/2025
  • La rotación de cultivos mejora el rendimiento, la calidad nutricional y los ingresos agrícolas 06/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo