• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Alimentación / Alimentación / A Lei contra a Morosidade, unha ferramenta para rematar coa extorsión das empresas ás labregas e labregos

           

A Lei contra a Morosidade, unha ferramenta para rematar coa extorsión das empresas ás labregas e labregos

16/07/2010

Na mañá de ayer a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, trasladou en rolda de prensa a positiva valoración do Sindicato Labrego Galego ao respeito da entrada en vigor o pasado 7 de xullo, logo da súa publicación no BOE, da modificación da Lei 3/2004 -segundo a redacción dada pola Lei 15/2010- pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

No sector agrogandeiro, onde o habitual é -ou “era”- o establecemento períodos de pago esaxeradamente dilatados, impostos polas empresas que adquiren os produtos (os sectores lácteo e vitivinícola son dous dos máis representativos), esta lei é de substancial importancia para as persoas que producimos alimentos.

“Xa facía falta unha lei destas características para impedir todo tipo de extorsión que dende as empresas, e principalmente dende as multinacionais, lévase facendo nos últimos anos coas nosas explotacións” , celebrou C. Freire.

A partires de agora, e segundo indica textualmente a lei: “Os aprazamentos de pago de produtos de alimentación frescos e perecedoiros non excederán en ningún caso de 30 días a partir da data da entrega das mercadorías. Con relación aos produtos de alimentación que non sexan frescos ou perecedoiros os aprazamentos de pago non excederán en ningún caso de 60 días a partir da data de entrega da mercancía. ”.

E recóllese tamén textualmente no preámbulo: “Este prazo de pago non poderá ser ampliado por acordo entre as partes”, prohibición establecida para evitar as moi posíbeis -porque así o estiveron facendo até o de agora- prácticas abusivas de grandes empresas sobre pequenas e pequenos provedores, que poden dar lugar a aumentos inxustificados de prazo de pago.

Por outra banda, dende o SLG queremos subliñar que é moi importante que todo o sector produtor teña claro que, segundo o establecido no texto aprobado, fican inhabilitados calquera pacto ou contrato que non respecte esta lei .

No Sindicato Labrego Galego celebramos a aprobación das modificacións recollidas na Lei 15/2010, ao tempo que manifestamos as nosa vontade de estar alerta para que non se sigan a dar atrasos ou impagos no sector agroalimentario e, no caso de que algunha empresa infrinxise esta Lei, proceder á súa identificación e denuncia pública.

Neste sentido é fundamental a información rápida e detallada das persoas que sufran atrasos/paralizacións nos pagamentos, para o que o Sindicato Labrego Galego ponse a disposición de todas aquelas produtoras/es afectadas por este tipo de abusos, para entre todas e todos rematar coa insostíbel situación de dilatación nos pagamentos dos nosos produtos.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre ALIMENTACIÓN

  • Aumenta la concienciación de los europeos sobre la seguridad alimentaria 25/09/2025
  • Es tiempo de cuidarse (X. Iraola) 22/09/2025
  • ¿Cuáles cree que son los alimentos que más ha subido en los super en septiembre? 19/09/2025
  • Competencia quiere ser consultada en las normas vinculantes de indicaciones geográficas 18/09/2025
  • Aragón celebra la 1ª edición de Premios Agroalimentarios 11/09/2025
  • NOJA, salsa de algarroba ganadora de los Premios Ecotrophelia España 2025 11/09/2025
  • El “Queso de Burgos” obtiene la Indicación Geográfica Protegida 11/09/2025
  • La falsa seguridad en las fronteras europeas: solo el 0,0082 % de los productos importados son inspeccionados 10/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo