Unións Agrarias reclama unha vez máis da Consellería do Medio Rural maior liderado e capacidade de coordinación diante das medidas que se deben afrontar de forma urxente para salvar o sector lácteo en Galicia. Logo de coñecer o traslado ao TDCG por parte de Facenda das sospeitas de prácticas pouco limpas das industrias lácteas na fixación de prezos e reparto de rutas, parece clara a actitude de mero espectador do departamento de Samuel Juárez ante a situación que viven os gandeiros de Galicia.
Esta iniciativa, aínda que tardía e insuficiente, é imprescindible para empezar a encarar o problema, tal como llelo reclamaban por carta as organizacións agrarias e as cooperativas ao presidente da Xunta o pasado 23 de setembro. O sector lácteo galego precisa unha acción coordinada de tódolos resortes cos que conta a Xunta en áreas como Medio Ambiente, Sanidade e Traballo, para poñer freo a rapiña que están a padecer as 13.000 explotación de leite que subsisten en Galicia.
Non basta coa solidaridade e o recoñecemento da inxustiza que está a padecer o sector en Galicia que acotío se transmite desde Medio Rural. Unións Agrarias, lémbralle a Samuel Juárez que se noutras zonas produtoras do Estado se están a producir recuperacións de prezos é debido a acción decidida dos gobernos autonómicos respectivos. Porén en Galicia debido ao ninguneo da industria cara o Conselleiro aínda non conseguiron reunir ao sector. O sindicato exise da Consellería de Medio Rural que deixe de agacharse xa que atesoura case tódalas transferencias no sector, e presente de xeito concreto as medidas administrativas e inspectoras que rompan a concertación entre industrias que impide a recuperación de prezos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.