O sindicato Unións Agrarias está a recibir nas súas oficinas un gran número de queixas de gandeiros cara á nova Oficina Virtual Agraria para a identificación de animais que acaba de poñer en marcha o departamento de Samuel Juárez de xeito improvisado. Á hora de tratar de xestionar telefonicamente a identificación dos animais, os produtores atópanse con que non se atenden as chamadas, coa conseguinte perda de tempo. Do mesmo xeito, desde a organización agraria tense comprobado como a páxina web que acolle a citada oficina se atopa as máis das veces saturada, co que é imposible tramitar nada a través dela.
UUAA pide seriedade á Xunta de Galicia á hora lanzar novas fórmulas administrativas sen ter testado o seu bo funcionamento, motivados máis por un afán propagandístico que de servizo aos gandeiros. Neste momento, dado o gran número de incidencias que se están a producir, moitas explotacións seguen recorrendo aos veterinarios de Seaga para que se ocupen de dar de alta os animais, cubrir a documentación e colocarlles os crotais de identificación ás vacas.
O sindicato reclama o mantemento do servizo actual polo menos mentres non se poida garantir que a nova ferramenta de teleasistencia sexa operativa ao cento por cento.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.