Trala reunión de hoxe da Interprofesional Láctea (Inlac), o Sindicato Labrego Galego tomou a decisión de retomar a campaña de mobilizacións no sector lácteo en demanda dun prezo digno para as explotacións. O principal motivo desta decisión foi a negativa dos representantes da industria na Inlac a fixar un prezo para o leite do último trimestre do 2010 que cubra os custes de produción e remunere de maneira digna o traballo nas explotacións. Para o Sindicato Labrego, a situación de prezos que se vén arrastrando dende febreiro de 2009, con valores que no meirande das explotacións non cobren nin os custes de produción, é insostible
A diferencia do acontecido en meses pasados, agora as mobilizacións serán a escala estatal, xa que a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) e todas as unións que forman parte dela anunciaron, hoxe mesmo, o inicio de protestas en todas as zonas produtoras de leite do Estado. Ademais, a Inlac aprobou solicitar unha reunión urxente coa nova Ministra de Agricultura, Rosa Aguilar, para que o Ministerio interveña e promova medidas de carácter político e lexislativo que se concreten e garantan un prezo xusto para o leite e aseguren a viabilidade económica de todas as explotacións que hoxe seguen en activo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.