A Consellería de Medio Rural ven a ser unha das máis castigadas polos recortes orzamentarios. Faltarán este ano 134,6 millóns de euros aos agricultores e gandeiros galegos para facer fronte ao seu difícil futuro. Trátase dun recorte do 21% con respecto dos presupostos do presente ano 2010. UUAA esixe á Xunta de Galicia, que acepte no Parlamento de Galicia, as enmendas que se propoñan a partir do 10 de novembro, para rectificar esta situación evitando un recorte tan brutal nun momento tan delicado para o rural galego.
O recorte afecta principalmente á partida para infraestructuras e equipamentos no medio rural, a cal deixan en menos da metade, cunha baixada dende 82 ata os 41 millóns de euros, e á partida das medidas para a fixación da poboación no medio rural, que diminúe un terzo con respecto do anterior orzamento, cunha baixada dende os 42 aos 29 millóns de euros. Desaparece igualmente dos orzamentos a partida destiñada á colaboración cos Concellos para manter limpos os aredores dos núcleos rurais, medida que evitaba o perigo para as casas , en caso de incendio forestal. Redúcese igualmente a partida para os pagos dos danos do xabaril, para o que se destinarían únicamente 183.000 euros para o ano 2011, un recorte do 68% sobre un presuposto do 2010, que nin sequera alcanzaba para liquidar os danos remanentes do ano 2009.
Todo esto agrávase ademáis, polo feito de que a Xunta renunciou aos recursos que dende a Unión Europea se destiñan aos investimentos no rural.
En efecto UUAA quere denunciar, que do recorte de fondos propostos no anteproxecto de presupostos do ano 2011, para a Consellería do Medio Rural, a meirande parte trátase de fondos europeos para o desenvolvemento rural. Ou dito doutro modo, a Administración do señor Feijoo, amparándose en medidas de falsa austeridade, por aforrar uns 30 millóns de euros de fondos da Consellería de Medio Rural, vai impedir que cheguen aos agricultores e gandeiros galegos, un total de 136 millóns de euros. Súmase esta decisión, ao preocupante baixo nivel de execución do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, que xa en xuño, mediado o periodo de programación 2007-2013 para os fondos estruturais e FEADER, apenas levaba executado un escaso 25%, cun nivel de execución moi por debaixo da media de España e do conxunto de Europa.
Si sumamos o recorte deste orzamento de 2011, á negativa coiuntura de prezos do sector lácteo, á subida de tasas e presión fiscal, e ao abandono das xentes fronte os danos da fauna salvaxe, queda en evidencia unha situación de abandono institucional do campo galego, insostenible para garantir a continuidade da actividade e do mundo rural.
En palabras de Jacobo Feijoo, Secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA, “co recorte presupostario do 21%, a renuncia aos fondos europeos para o campo galego, e o cobro de impostos por servicios que non se prestan, a Xunta está condenando a morte ao rural”.
Unións Agrarias quere denunciar que este anteproxecto de presupostos, pon en evidencia o feito de que a Xunta da a espalda ao rural galego, e só recurre a él para impoñer cargas, obrigas e impostos inadmisibles, como o canon de saneamento, cos que financiar os seus fracasos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.