O sindicato Unións Agrarias quere denunciar o descenso na práctica das axudas da Consellería de Medio Rural destinadas a contratar unha liña de seguros agrarios para produtores galegos que baixou do 25% en 2010 ao 18% neste ano. Esta medida encarece o custo que cada gandeiro ten que afrontar para contratar unha póliza, polo que se pon en perigo os contratos existentes xa que moitos produtores non poderán afrontalo, quedando desprotexidos diante dos sinistros que poidan padecer.
Desde o departamento autonómico plantexan un orzamento inicial de 6,25 millóns de euros para o fomento da contratación das liñas de seguros agrarios, cando en 2010, a inversión para este mesmo fin foi de 7,5 millóns de euros.
Para a organización, esta redución non se entende cando desde o MARM, que cofinancia as axudas a seguros agrarios, se mantén a mesma porcentaxe de subvención que en anos anteriores. Trátase pois dunha volta de torca máis por parte da Xunta de Galicia á débil e malograda economía dos gandeiros galegos.
Nun momento no que se está a fomentar a contratación de seguros agrarios, non se pode permitir que nunha situación de crise de prezos como a actual se incrementen aínda máis o custo dos seguros, pois estase a obrigar ás explotacións que na actualidade os teñen a prescindir deles, coa inseguridade que isto supón ante calquera imprevisto xurdido na explotación. Esta decisión pode abocar ao produtor ao peche da explotación que ante a falta de cobertura se ve imposibilitado de recuperar a súa produción.
Os seguros son, para moitos produtores unha garantía de que o investimento que acometen non está en perigo constante por posibles imprevistos, polo que supoñen unha garantía para as rendas de moitas explotacións. Sen embargo, con actuacións como as da Consellería conséguese que diminúa a contratación nunha Comunidade como Galicia, onde a porcentaxe de contratación xa é de por si baixa.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.