O secretario de Gandería de UPA e secretario xeral comarcal de Unións Agrarias en Deza Tabeirós, Román Santalla, reunirase este martes co secretario xeral de Medio Rural, Eduardo Tamarit, para trasladarlle a preocupación e inquietude que se vive no sector gandeiro a raíz do espectacular incremento dos cereais e consecuentemente da suba rexistrada nos pensos.
Así, segundo datos de Unións Agrarias, o nivel de prezos das materias primas básicas para a elaboración dos pensos que se consumen nas explotacións gandeiros está chegando a valores próximos aos rexistrados a finais de 2007 e 2008 poñendo en grave perigo a súa continuidade. Así, entre xuño de 2010 e xaneiro de 2011, o cereal que máis se ten incrementado é a cebada cunha suba do 78,6%, seguida do trigo cun incremento do 63,8%; o millo (41,8%) e finalmente, a soxa, co 21,7%.
Isto tivo como consecuencia directa unha forte suba nos prezos dos pensos, de xeito que nos últimos sete meses, os gandeiros tiveron que pagar unha media de 8 céntimos de euro por cada quilo de penso comprado. Así, o incremento rexistrado por cada especie foi o seguinte:
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.